CONSORCIO
O director novel ruso Maxim Emelyanychev leva esta semana a batuta da RFG
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. Ao día seguinte, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. En ambas actuacións levará a batuta o mestre novel ruso Maxim Emelyanychev, que se puxo por primeira vez á fronte dunha orquestra cando tiña tan só doce anos de idade. Na actualidade, aos seus 28 anos, é convidado polas principais agrupacións de todo o mundo.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día Internacional contra a Homofobia con actividades para familias e escolares de primaria e secundaria
O Concello de Santiago quere sumarse ao Día Internacional contra a Homofobia, que se celebra o 17 de maio, mediante a celebración de diversas actividades ao longo de varias semanas. É a primeira acción dun proxecto máis amplo que a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde quere levar a cabo durante o vindeiro curso.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Marta Lois explicoulle aos praceiros as condicións para a concesión de dez postos na nave 5 do Mercado de Abastos
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, mantivo esta mañá un encontro cos praceiros do Mercado de Abastos para explicarlles polo miúdo o prego de condicións para a concesión de dez postos da nave 5.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Manuel Dios asistiu en Madrid á Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou este luns na reunión da Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada na sede da Fundación Albéniz en Madrid.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Unha xornada de contos e música clausurou a XVI Campaña de Animación á Lectura
A Galería Sargadelos acolleu unha sesión moi especial de contos e música que serviu para clausurar a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, na que participaron máis de 5.000 escolares.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o convenio de colaboración coa Fundación Refuxio de Animais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación Refuxio de Animais de Bando, por un importe de 158.350 euros. Son 23.000 euros máis que en 2015. O alcalde, Martiño Noriega, salientou a importancia deste acordo "para inxectar liquidez no Refuxio, despois dunha situación complicada porque o Goberno anterior non incluíra o convenio nos orzamentos do ano pasado".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta a inscrición no Programa de Conciliación de Verán
O vindeiro luns, 16 de maio, a Concellaría de Educación e Cidanía abrirá o prazo inscrición e matrícula no Programa Municipal de Conciliación para o Verán 2016, que se desenvolverá no período das vacacións (xuño, xullo e setembro) nas instalacións dos CEIPs As Fontiñas e Raíña Fabiola. O prazo de matrícula estará aberto ata o martes 31 de maio.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron onte vítimas en Tenerife e Canyelles (Barcelona).
ACCIÓN CULTURAL
A compañía Al Tran Trán presenta "The Monguers" dentro de Imperdible, o Festival Internacional de Impro de Galicia
Imperdible, o Festival Internacional de Impro de Galicia, presenta a obra The Monguers no Teatro Principal, coa compañía Al Tran Trán. Será este domingo a partir das 20:30 horas e as entradas teñen un prezo de 10 euros (5 cos descontos habituais do Teatro, así como presentando a entrada de calquera dos espectáculos do festival en Unitaria. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas, no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
FACENDA
O Concello aboaralle ao persoal municipal o último semestre da paga extra do ano 2012
O Goberno local aboará na nómina do mes de maio do persoal municipal do Concello o último semestre da paga extra de 2012, retida polo Executivo central.