FESTAS
As festas do Apóstolo reivindican este xoves o traballo dos músicos galegos
A xornada de mañá nas festas do Apóstolo terá un marcado acento galego, grazas aos dous concertos que hoxe presentou a concelleira de Acción Cultural. Branca Novoneyra estivo acompañada con dous dos protagonistas da noite: Quim Farinha, de Talabarte, e Brais, membro de Terbutalina.
POLÍTICAS SOCIAIS
Unhas 150 familias accederán ás piscinas de Sar de forma gratuíta durante o verán
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá o Proxecto de Promoción do Acceso aos Recursos Municipais, que ten como obxectivo "favorecer o acceso a determinadas instalacións ou programas municipais cando o seu custo sexa un impedimento para determinadas familias". Isto permitiralles ademais mellorar a súa calidade de vida e que un total de 150 familias e máis de 400 persoas poidan gozar piscina de Sar durante os meses de xullo, agosto e a primeira quincena de setembro.
TURISMO
O sector turístico de Santiago vivirá o seu mellor verán dende o Ano Santo 2010
A concelleira de Turismo, Marta Lois, fixo no Pazo de Raxoi unha valoración dos datos turísticos da cidade do primeiro semestre e presentou as previsións que se manexan dende Turismo de Santiago para a temporada de verán e para o conxunto do ano. Marta Lois estivo acompañada da nova xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, quen perfilou os obxectivos e os grandes ámbitos de traballo da entidade de promoción turística da cidade para os vindeiros anos.
FESTAS
O góspel toma a praza da Quintana noutra xornada das festas do Apóstolo
A praza da Quintana vivirá mañá mércores outra noite de música, nun concerto que estará protagonizado polo góspel e o blues. A partir das dez da noite, subirán ao escenario os New World Gospel Ensamble, e Mo Rodgers Blues Band. O concerto, como todos os das festas do Apóstolo, será de balde.
FESTAS
As festas do Apóstolo, no documental de Carles Bosch sobre a figura de Petitet
Dentro da programación das festas do Apóstolo, esta noite actuarán na praza da Quintana Petitet e a súa Orquesta Sinfónica de Rumba del Raval. Ese concerto, de entrada libre, formará parte do documental que Carles Bosch está gravando sobre a figura de Joan Ximénez, Petitet, fillo do que fora palmeiro de Peret e auténtico persoeiro xitano do barrio barcelonés do Raval.
CONVIVENCIA
Máis de 400 vehículos inspeccionados na última campaña de control das condicións técnicas do vehículo feita pola Policía Local
Un total de 421 vehículos foron controlados pola Policía Local de Santiago durante a última campaña de vixilancia e control de condicións técnicas, no marco da campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico a nivel estatal do 11 ao 17 de xullo. En concreto, foron inspeccionados 353 turismos, 21 motos/ciclomotores, dous autobuses e 45 vehículos de mercadorías.
CONSORCIO
O Consorcio restaurará o retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a restauración do retablo da Virxe da Dolorosa da igrexa de San Miguel dos Agros, situada na praza homónima, á empresa Techne, Conservación e Restauración de Bens Culturais, S. C. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 30.362,53 euros e os traballos terán un prazo de execución previsto de tres meses.
FESTAS
As festas do Apóstolo, en clave de rumba, poesía e música de autor
Nova xornada das festas do Apóstolo, cunha noite con variadas propostas musicais. Petitet e a súa Orquestra Sinfónica de Rumba del Raval, Aldaolado e Luiz Caracol levaron os seus ritmos a varios espazos da cidade.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reivindica a memoria no 80º aniversario do Golpe de Estado de 1936
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou esta mañá o Congreso Internacional 1936, un novo relato. 80 anos entre historia e memoria, que organiza Histagra en colaboración co Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde coñece as dúas alternativas de deseño da futura estación de autobuses
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, mantiveron hoxe unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas para coñecer o proxecto da futura estación de autobuses, que a Xunta construirá no ámbito da intermodal. A reunión foi convocada polo departamento de Ethel Vázquez, que conta con dúas propostas arquitectónicas diferentes para a infraestrutura.