ACCIÓN CULTURAL
Santiago acolle esta semana distintas actividades do Delas Fest, que renova a súa aposta cun programa máis longo e diversificado
Compostela acolle, este semana, a terceira parada da ruta itinerante do Delas Fest, que se desenvolve, desde o 24 de agosto ao 20 de setembro, en diferentes espazos do noso concello e de Teo, Ames e Brión. Un festival que, segundo explicou a concelleira de Acción Cultural defínese cos valores de feminismo, solidariedade, compromiso e creación. Mercedes Rosón realizou estas declaracións na presentación das distintas actividades programadas, na que tamén interviron o secretario xeral de Políticas Lingüísticas,...
EDUCACIÓN
O Concello reforzará a limpeza nos centros escolares, máis alá do esixido pola instrución autonómica para a prevención da COVID
Así llo comunicou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, ao presidente da Federación de ANPAS de Santiago, Fernando Lacaci, trala reunión mantida hoxe na Alcaldía e que segue á que o rexedor celebrou onte cos directores dos centros de educación infantil e primaria. Na xuntanza abordáronse dous dos temas que preocupan á comunidade educativa: o servizo de comedores e madrugadores e a limpeza das instalacións.
ACCIÓN CULTURAL
Música e danza inician esta semana as Xornadas de Música Contemporánea
As Xornadas de Música Contemporánea, impulsadas polo Concello, a USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, volven do 9 ao 23 de setembro cunha proposta de media ducia de concertos e espectáculos que traen a Compostela as propostas máis innovadoras do panorama musical contemporáneo.
ACCIÓN CULTURAL
A Noite do Patrimonio e a Semana do Patrimonio Invisible abren ao público as portas dos tesouros da cidade
A próxima semana celébranse a Noite do Patrimonio e a Semana do Patrimonio invisible, dúas actividades destinadas a poñer en valor a riqueza arquitectónica e cultural de Santiago. A Noite do Patrimonio, organizada no marco das actividades do Grupo Cidades Patrimonio de España celébrase o día 12. Pola súa banda, a Semana do Patrimonio Invisible celebra a súa terceira edición do 14 ao 18 de setembro, ofrecendo máis de medio cento de visitas a espazos habitualmente pechados ao público.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo de preinscrición nas actividades dos centros socioculturais
Desde hoxe luns, 7 de setembro, está aberto o prazo de preinscrición nas actividades dos centros socioculturais. Podes facela no enlace que atoparás ao final desta noticia.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o aumento das axudas para a mellora e innovación do comercio local e os prezos públicos dos centros socioculturais
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, deu conta da ampliación das operacions realizadas para incrementar o crédito da convocatoria de "Axudas para a mellora e innovación do comercio local", do programa " Coidar para mellorar. Anualidade 2020".
EDUCACIÓN
O alcalde e os directores dos CEIPs da cidade abordan nunha xuntanza as medidas a adoptar nos comedores escolares para cumprir coas normas anti-COVID
Os directores e directoras dos 13 centros de educación infantil e primaria do municipio asistiron esta mañá a unha reunión co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que estivo acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e a técnica do Departamento de Educación, Beatriz Varela.
POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción a un grupo de enfermos de ELA e esclerose múltiple, tras rematar o Camiño
A concelleira Mercedes Rosón, acompañada pola voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín; e o concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla, recibiu hoxe na praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos formado por afectados por esclerose lateral amiotrófica e esclerose múltiple.
PLENO
Noa Díaz formaliza a súa renuncia como concelleira nun pleno extraordinario no que tomaron posesión como edís Xan Duro e María Rozas
O concello de Santiago celebrou un pleno extraordinario no que tomaron posesión como concelleiros de Compostela Aberta Xan Xesús Duro Fernández e María Rozas Pérez, en substitución de Martiño Noriega e Rafael Peña. Durante a sesión, tamén se formalizou a renuncia da concelleira de Educación, Políticas de Igualdade, Mocidade, e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz Varela, despois da súa elección como deputada no Parlamento de Galicia nas pasadas eleccións...
ALCALDÍA
O alcalde asumirá directamente as competencias en Educación coa participación de todo o goberno municipal
Trala marcha da concelleira de Educación ao Parlamento, as competencias nesta área serán asumidas directamente pola Alcaldía. Así o comunicou o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, que indicou que o fará coa participación de todo o goberno para garantir que se cumplen os "retos que nos esperan nas mellores condicións".