CONSORCIO
O Consorcio celebra a súa comisión executiva
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa comisión executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
Comeza o curso escolar en infantil e primaria en Compostela sen incidencias
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitaron esta mañá o colexio Pío XII, para comprobar in situ o inicio do curso escolar. O rexedor salientou a "tranquilidade" coa que comezaron tanto as clases coma os servizos de comedor e madrugadores xestionados polo Concello.
ACCIÓN CULTURAL
Arranca o festival de artes performativas Plataforma
Entre o 10 e o 18 de setembro de 2020 terá lugar en Compostela a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. A terraza do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do evento por parte da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosó; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; o director do CGAC, Santiago Olmo; e os tres directores do...
ALCALDÍA
Concello e Deputación apostan pola biotecnoloxía e a madeira como industrias para o desenvolvemento e a estabilidade económica na cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá a visita institucional do presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Previamente, ambos mandatarios visitaron a madeireira Finsa e mantiveron un encontro coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
OBRAS
A concellaría de Obras destinou, no que levamos de ano, máis de 500.000 euros á conservación, mantemento e reparación de pavimentos na zona urbana
O concelleiro de Obras, Javier Fernández, presentou o balance das intervencións realizadas entre xaneiro e agosto deste ano polo seu departamento. Á conservación, mantemento, e reparación de pavimentos nos viais do termo municipal pertencentes á contorna urbana destináronse 556.282,45 euros, e actuouse sobre unha superficie superior aos 16.000 metros cadrados.
IGUALDADE
O 10 de setembro celébrase a xornada "Prostitución: unha ollada desde dentro", no marco do programa Artellando Feminismo
O Concello de Santiago retoma as xornadas do programa Artellando Feminismo, coa conferencia online "Prostitución: unha ollada desde dentro", que impartirá mañá, día 10 de setembro, Amelia Tiganus, de 19:30 h. a 21:00 h.
ALCALDÍA
Dictadas as instrucións que adaptan o funcionamento do servizo de comedor escolar e madrugadores ás indicacións da Consellería de Educación
Mediante Decreto da Alcaldía, o Concello publica hoxe as normas que rexerán o funcionamento do servizo de comedor escolar e de madrugadores para o curso 2020-2021, co gallo de adaptalo ás instrucións dictadas pola Xunta para a prevención da COVID-19.
TURISMO
Sindo Guinarte sinala que Santiago é onde se pode comer e mercar o mellor marisco de Galicia
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, afirmou que en Santiago de Compostela é onde se pode comer e mercar o "mellor marisco de Galicia". Un produto que se pode comprar, con toda a frescura e garantías sanitarias na Praza de Abastos, o segundo lugar máis visitado da cidade. Asegurouno na presentación da campaña "Marisco da Illa. Tradición Saudable, impulsada pola Organización de Produtores de Mariscos e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP-20).
MOBILIDADE
O xoves 10 de setembro comeza o horario de inverno na rede de transporte público de Santiago de Compostela
Este xoves día 10 de setembro entrarán en vigor os novos horarios de transporte urbano correspondentes á tempada de inverno.
POLÍTICAS SOCIAIS
Asinados os convenios con Agadea, Proxecto Home e Don Bosco por preto de 80.000 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, formalizou a sinatura dos convenios de colaboración coas entidades Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home e a Escola de Tempo Libre Don Bosco.