URBANISMO

Medio Ambiente remitiu o seu informe sobre o PXOM

16/02/2007

A Consellería de Medio Ambiente remitiu o seu informe sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Tal como anunciara anteriormente o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o departamento autonómico unicamente solicitou algunha información complementaria.

Leer más

PLENO

Cambios nas empresas municipais e en varias comisións informativas

15/02/2007

A incorporación de Carlos Nieves e Guadalupe Rodríguez como concelleiros e o cesamento dos seus predecesores motivou o cambio de representantes do Grupo Municipal Socialista en varias empresas municipais e comisións informativas. Así se ratificou no Pleno extraordinario celebrado en Raxoi

Leer más

CONSORCIO E TURISMO

Música e patrimonio para a Semana Santa compostelá

15/02/2007

Santiago de Compostela acollerá durante a Semana Santa a segunda edición do Festival de Músicas Contemplativas, un proxecto deseñado e organizado polo propio Consorcio de Santiago co obxecto de aunar arquitectura e música en relación co patrimonio restaurado e rehabilitado polo propio Consorcio.

Leer más

COMERCIO

Andrómenas faise co III Concurso Municipal de Escaparatismo

15/02/2007

Andrómenas é o comercio gañador do o III Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping" , fallado o 14 de febreiro, que convoca a Concellaría de Promoción Económica e Comercio. É o segundo ano consecutivo que gaña este concurso, xa que no ano 2005 tamén quedou en primeiro lugar.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

As corais de Santiago inician as súas actuacións nos centros socioculturais

15/02/2007

O venres 16, ás 20:00 horas, iníciase no Centro Sociocultural do Castiñeiriño o percorrido das corais da cidade polos distintos centros socioculturais. Nesta sesión inaugural actuará a Coral Polifónica La Salle e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos no Centro Sociocultural do Castiñeiriño o calendario de actuacións de corais nos centros socioculturais da cidade.

Leer más
Compartir: