PATRIMONIO
O VI Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio chega o 1 de xuño a Santiago de Compostela
O claustro da igrexa de San Martiño Pinario acollerá o sábado 1 de xuño, ás 20:30 horas, un concerto do Quintento Ricercata de EY, no marco do VI ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A entrada é de balde.
ALCALDÍA
Representantes veciñais debaten sobre "Santiago de Compostela: barrios (re)emerxentes e mundo rural" nunha mesa redonda
Con motivo da exposición A cidade, o Camiño e nós, organizada polo Concello de Santiago e a Rede Galabra (Universidade de Santiago) e aberta no paseo da Ferradura da Alameda, vaise celebrar unha mesa redonda coas asociacións veciñais do municipio titulada "Santiago de Compostela: barrios (re)emerxentes e mundo rural". A cita é este xoves 23 de maio, ás 19:30 horas, no IES Rosalía de Castro.
ESPAZOS CIDADÁNS
Aberto ata o 30 de setembro o prazo de solicitude das axudas complementarias para a instalación de ascensores
O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a convocatoria de subvencións municipais complementarias ás axudas estatais para a instalación de ascensores nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, lembrou que o Concello destina 175.000 euros a esta liña, que "ten como obxectivo favorecer que as persoas con menos recursos teñan cuberta a totalidade dos custos que deben afrontar para a instalación dos elevadores". O...
CONSORCIO
O percusionista alacantino Gratiniano Murcia formará a novos/as músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Ademais de alumnos/as da Escola, tamén poden asistir a estas sesións músicos/as externos ao centro.
POLÍTICAS SOCIAIS
Área Central acolle unha nova edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"
A rede comunitaria de Fontiñas vén organizando dende o 2013 o mercadiño solidario Trócame-Roque, que este ano celebra a súa sétima edición cunha xornada chea de actividades durante a tarde do venres 24 de maio no Centro Comercial Área Central. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta dos detalles deste mercado acompañada de representantes dos colectivos implicados: Lola Sanz, orientadora do IES Antonio Fraguas; Rocío Ovalle,...
CENTROS CÍVICOS
Os centros cívicos celebran o Día Internacional do Xogo
A rede de Centros Cívicos vai celebrar o Día Internacional do Xogo, que se conmemora o 28 de maio, cun amplo programa de actividades que se desenvolverán entre os días 24 e 31. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe da programación, coa que "queremos lembrar que xogar é un dereito recollido na Convención dos Dereitos da Infancia aprobada polas Nacións Unidas hai xa 30 anos, un dereito co que o Concello de Santiago está plenamente...
DEPORTE
Compostela recupera a súa Volta Ciclista da Ascensión
As rúas de Compostela acollerán o vindeiro xoves 30 de maio a XIX edición da Volta da Ascensión, unha proba clásica do calendario ciclista galego que volve este ano á cidade nestas datas festivas. Comezará ás 15:30 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Comezan no Principal as funcións dos grupos de Primaria do XXIV Certame de Teatro Intercentros
Este martes comezan no Teatro Principal as funcións dos grupos de Educación Primaria participantes no XXIV Certame de Teatro Intercentros. Máis de 300 escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato participan nesta edición do evento, organizado pola Concellaría de Educación e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.
CONSORCIO
Santiago participa nun proxecto europeo destinado a crear un modelo de gobernanza e sostibilidade común para as Cidades Patrimonio da Área Atlántica
O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo AtlaS-WH, integrado no programa Interreg Atlantic Area do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Céntrase na sostibilidade das Cidades Patrimonio da Humanidade incluídas na Área Atlántica e arrancaba a finais de 2017. Nesta iniciativa, liderada pola cidade portuguesa de Porto, participan tamén como socios as cidades de Santiago, Burdeos e Edimburgo, aos que acompaña ademais Florencia pola súa experiencia na xestión de sitios Patrimonio Mundial. Esta semana vaise.../em>
CONSORCIO
O músico franco-alemán Nicolas Altstaedt dirixe a Real Filharmonía de Galicia, coa que tamén interpretará o "Concerto para violonchelo nº 1" de Shostakóvich
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o seu concerto semanal de abono o xoves 23, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. O venres 24, a orquestra tocará en Lugo, no Círculo das Artes da cidade, tamén ás 20:30 horas, concerto co que se inaugurará a XLVII Semana de Música do Corpus. A batuta levaraa o mestre franco-alemán Nicolas Altstaedt, que ademais interpretará a Shostakóvich ao violonchelo.