PARQUES E XARDÍNS

As concesións das hortas urbanas de Fontiñas sairán a concurso en setembro

08/08/2012

A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, vén de sinalar que as hortas urbanas situadas no polígono 4 de Fontiñas sairán a concurso no mes de setembro. Deste xeito, cada unha das parcelas, que terá unha extensión media de 40 metros cadrados, poderá comezar a ser usada para os tipos de cultivo propios da tempada de outono.

Leer más

EDUCACIÓN

Máis de 500 nenos e nenas participaron nas visitas didácticas á exposición "Inventos xeniais. Heroes ocultos. Obxectos cotiáns"

03/08/2012

Máis de 500 nenos e nenas da Escola Municipal de Verán de Inglés, Escolas Municipais de Verán, Asociación Sarela, usuarios do Hospital de Día de Conxo ou Asociación Aspanaes, entre outros, participaron no programa de visitas didácticas arredor da exposición . A mostra permanecerá aberta no Pazo de Fonseca ata o 29 de agosto.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Investimento de máis de 1,5 millóns de euros para mellorar a mobilidade en Vista Alegre

03/08/2012

A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, deu conta da sinatura das dúas primeiras actas en virtude das cales as comunidades de propietarios do barrio de Vista Alegre ceden ao Concello o espazo onde se sitúan as terrazas, co fin de acondicionalo e facelo máis accesible. Deste xeito, poderá acometerse o proxecto de mellora da mobilidade en dúas zonas deste barrio. A intervención, que contará cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros, está incluída na iniciativa Urbana Santiago Norte.

Leer más

CULTURA

O Festival Internacional de Percusión leva a música ás rúas e prazas do Casco Histórico

02/08/2012

Música nas rúas de Compostela durante esta primeira fin de semana do mes de agosto, a cargo do Festival Internacional de Percusión (FIP), nado a partir da VI edición do Curso Internacional de Percusión Merza 2011 realizado en Galicia e organizado polo Nuevo Contemporáneo de Zaragoza baixo a dirección de César Peris (director da cátedra de percusión no Conservatorio Superior de Música de Aragón) e polos galegos Odaiko Percussion Group.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Trinta menores participaron nas clases de apoio do programa Alternativa Activa

02/08/2012

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais, en colaboración coa Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) levou a cabo durante o mes de xullo o programa Alternativa Activa, de apoio escolar no verán. Esta acción permitiu axudar as familias do municipio na educación dos seus fillos e fillas, reforzando os contidos traballados durante o curso escolar 2011-2012.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Máis de 1.800 participantes nas actividades do programa "Vive o verán"

01/08/2012

Malia que aínda queda algunha actividade en agosto e setembro, o programa Vive o verán, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais, pechou o groso do seu calendario con 1.867 participantes nos meses de xuño e xullo. Nesta cifra inclúense tantos os participantes nas actividades periódicas e puntuais (1.691 entre ambos meses) e os rapaces e rapazas inscritos en xullo no programa de conciliación das Mañás de verán e de xogo, 176 en total.

Leer más
Compartir: