NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Unha nova publicación recompila os ensaios filosóficos de Domingo García-Sabell
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu á presentación da obra Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, nun acto celebrado na Biblioteca Pública Ánxel Casal.
FAMILIA
O Multiúsos do Sar acolle este venres 1 de novembro a II Festa da Familia, unha xornada de lecer, deporte e solidariedade
O venres 1 de novembro, coincidindo co partido da novena xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala que enfrontará ao Santiago Futsal co Jaén Paraíso Interior, vivirase no Multiúsos Fontes do Sar a II Festa da Familia, organizada polo club compostelán en colaboración coa Concellería de Familia e Benestar Social. Será tamén unha xornada solidaria, na que se recollerán doazóns para a campaña Xuntos Podemos.
CONSORCIO
Unha nova publicación analiza a achega da saga Courtier á popularización e modernización da música no século XIX
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, asistiu no Casino á presentación do libro La saga Courtier en Galicia, de Beatriz e Alberto Cancela Montes, coeditado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Ábrese o prazo para a presentación das candidaturas ás eleccións do Consello de Relacións Veciñais
A Concellaría de Participación Cidadá continúa co proceso de eleccións ao Consello de Relacións Veciñais. Pasados os 10 días para presentar as reclamacións ao censo, dende este luns, 25 de outubro, están expostas no taboleiro do Concello as asociacións veciñais con dereito a voto. Son 59 entidades veciñas as inscritas no rexistro e que están convocadas para elixir os seus representantes.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a "xenerosa e humana disposición ética" dos que participaron no operativo de rescate do accidente de Angrois
Corenta e nove entidades, asociacións, agrupacións e organismos oficiais que participaron nos labores de rescate das vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Angrois recibiron a Placa de Honra da Orde do Mérito Civil nun acto celebrado no Auditorio de Galicia. A cerimonia estivo presidida polo alcalde de Santiago, Ángel Currás; a ministra de Fomento, Ana Pastor; o ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, José Manuel García-Margallo; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; e a...
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Rieti, dúas cidades unidas pola figura de San Francisco
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o conselleiro de Cultura, Turismo e Promoción do Territorio da Comune di Rieti (Italia), Diego Di Paolo.
FESTAS
O alumeado de Nadal acenderase nas rúas da cidade o 6 de decembro
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, deu conta do inicio do procedemento para contratar o alumeado do Nadal, que permanecerá acendido do 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Investiranse 64.699 euros nunha iluminación que chegará de novo ás parroquias no rural e que, este ano, incluirá unha sorpresa.
BENESTAR SOCIAL
O Concello renova a súa colaboración económica coas entidades sociais Itínera, Fundación Andrea e Centro Xoán XXIII
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, continúa a asinar convenios de colaboración con entidades sociais para financiar algunhas das actividades que realizan na cidade. Nesta ocasión, subscribiu acordos coas asociacións Itínera, Fundación Andrea e Centro Cultural e Social Xoán XXIII.
ALCALDÍA
Máis de 200 profesionais das TIC participaron en Santiago na XI Galicia TIC
O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou Galicia TIC 2013. O evento, que se celebrou no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura, reuniu a máis de 200 profesionais das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) e profesores e estudantes universitarios deste ámbito.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Relacións Veciñais reparte 64.800 euros en subvencións entre todas as asociacións que as solicitaron para este 2013
O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, deu conta en rolda de prensa da decisión da comisión avaliadora das subvencións veciñais para este exercicio, referendada e aprobada pola Xunta de Goberno. Todas as solicitudes presentadas, 43, foron atendidas e, delas, 13, recibiron máis de 1.800 euros, sendo o máximo de 1.900.