EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música continúa coa actividade docente a través de internet
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela continúa coas súas actividades a través de internet durante o período de confinamento decretado por mor dar crise sanitaria. Segundo sinala a concelleira de Educación, Noa Díaz, "estase a impartir docencia a través de videochamadas no seu horario habitual, ao tempo que se envía a través de correo electrónico todo o material necesario, así como vídeos explicativos das actividades a realizar". Deste modo, e coa axuda das novas...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello dá continuidade aos procedementos de licitación suspendidos polo estado de alarma
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns acordou dar continuidade a todos os procedementos de licitación en marcha, paralizados no seu día a consecuencia da crise sanitaria do COVID-19 e da declaración do estado de alarma. Na reunión tamén se acordou o reinicio dalgúns servizos tamén paralizados e aprobouse o Plan Marco de Reactivación Económica presentado o pasado venres.
ALCALDÍA
A obra do vieiro de Clara Campoamor, a menos afectada polos retrasos no ámbito da intermodal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron esta mañá unha videoconferencia co equipo responsable das obras en execución na estación intermodal de Santiago de Compostela (estación de autobuses, pasarela e vieiro de Clara Campoamor), para supervisar o seu desenvolvemento e as medidas de prevención da saúde adoptadas con motivo do COVID-19. Tamén participaron os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Mobilidade, Gonzalo...
TURISMO
Turismo de Santiago estuda co sector medidas para a recuperación dos congresos
O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, reuníronse telematicamente está mañá con representantes do sector MICE da cidade: organizadores profesionais de congresos, Palacio de Congresos e directores de hotel.
ALCALDÍA
O Concello e a Cámara poñen en marcha un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para as empresas de Compostela
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2020. O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago porán a disposición do empresariado da súa demarcación un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para autónomos e empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais ( ICO-IGAPE- SGRs- CDTI, etc.) que se están publicando para facer fronte ao impacto económico derivado da paralización da actividade como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno...
TURISMO
Turismo de Santiago abre as súas audioguías para percorrer virtualmente a cidade dende a casa
Santiago de Compostela pode percorrerse virtualmente estes días a través das audioguías de Turismo de Santiago, que poden consultarse gratis na web www.santiagoturismo.com. As audioguías de Turismo de Santiago suman máis de catro horas de narración arredor dos principais puntos turísticos da cidade, que ademais se sinalan nun mapa de Santiago.
ALCALDÍA
O Concello lanza o seu Plan Marco de Reactivación Económica do municipio, con 23 medidas e unha dotación inicial de cinco millóns de euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presentou hoxe o Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020, para paliar os efectos da crise sanitaria global provocada pola COVID19". Conta cunha previsión económica inicial de 5.001.439,69 euros, e contempla 23 medidas de estímulo de crecemento e fomento da competitividade da economía local dirixidas á industria e demais sectores produtivos, ao comercio, a hostalería e ao emprego. Trátase dun plan deseñado para favorecer a...
ALCALDÍA
Grande acollida da oferta de cursos online do Concello, para os que xa só quedan unhas 200 prazas
A oferta de cursos online e gratuítos presentada onte polo Concello tivo tal acollida que unicamente quedan 200 prazas dispoñibles. Boa parte dos cursos, especialmente os de idiomas, esgotaron as súas prazas e algúns deles xa poderían comezar a impartirse hoxe mesmo. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou o seu agradecemento a "todos os homes e mulleres de Santiago pola acollida que tiveron", e animounos/as a que "este non sexa tempo perdido, senón tempo aproveitado".
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago retoma as obras do Museo do Pobo Galego e a instalación dun ascensor na sede do Conservatorio Histórico
O Consorcio de Santiago puxo de novo en marcha esta semana as dúas obras que se viron afectadas polo decreto que obrigou a paralizar todas as actividades non esenciais durante quince días, o que incluía o sector da construción. Así, retomouse a obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, promovida e dirixida polo Consorcio; ademais da obra de instalación dun ascensor no edificio situado na praza de Salvador Parga nº 4, na cidade histórica, sede do Conservatorio...
ALCALDÍA
Máis de 850 persoas xa reservaron praza nos cursos de formación online do Concello durante o primeiro día de inscrición
Máis de 850 persoas inscribíronse nun só día na maior oferta formativa online do Concello de Santiago de Compostela, posta en marcha pola área de Emprego co obxectivo de mitigar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19. O período de inscrición para as 1.500 prazas ofertadas en máis de 100 cursos, pertencentes a 20 áreas profesionais, abriuse onte a través da web de Talentia Summit. Esta mañá xa estaban cubertas máis da metade das...