FESTAS

Un escenario de 120 metros cadrados, 80.000 vatios de son e 150.000 de luz para os concertos do campus

23/05/2006

As festas da Ascensión arrancan o mércores 24 cun programa para todos os gustos e que convida á participación. Disparo de bombas e pasarrúas de gaiteiros animarán o ambiente a media mañá. Contra a tardiña, fanfarria; ás dez da noite, verbena coa Orquestra París no paseo central da Alameda; e ás once, apertura dos grandes espectáculos no campus sur, gratuítos, coas actuacións de Kiko Veneno e Muchachito Bombo Infierno, por esta orde. Sairán a un escenario de 12 por 10 metros...

Leer más

CULTURA

O Teatro Principal acolle unha homenaxe aos presos na illa de San Simón

22/05/2006

"Cando Santiago era unha illa. Memoria dos presos de San Simón" é o nome que recibe a homenaxe que o martes 23 de maio se lle fará no Teatro Principal aos que estiveron apresados na illa de San Simón. A homenaxe, que comezará ás 21.00 horas, enmárcase dentro dos actos polo Ano da memoria que está a organizar a Consellería de Cultura en diferentes cidades e vilas do país e chega a Compostela da man da Asociación Cultural O Galo e coa colaboración da Concellaría de Cultura da cidade.

Leer más

ALCALDÍA

Impulso a Santiago como capital de Galicia

22/05/2006

A Xunta de Galicia consolidará o papel de Santiago como capital de Galicia e sede das institución autonómicas. Ese é o compromiso que expresou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na súa primeira visita institucional ao Concello de Santiago. Este carácter de capitalidade recollerase no novo Estatuto e promoverase co impulso do Consello da Capitalidade e do Consorcio de Santiago.

Leer más

EDUCACIÓN

Un grupo de escolares ibicencos visitou o Concello

19/05/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, recibiron a un grupo de alumnos de secundaria de Ibiza, no marco do programa "Coñecer as cidades patrimonio". O acto tamén serviu para a entrega dos diplomas a todos os alumnos de Santiago que participaron na edición 2006 desta iniciativa cultural: o C. Seminario Menor da Asunción, o IES Eduardo Pondal e o IES Rosalía de Castro, que foi o gañador.

Leer más

URBANISMO

San Lázaro contará con preto de 400 novas vivendas protexidas

19/05/2006

Santiago vai dispor de 390 vivendas protexidas na zona da Muíña, no entorno de San Lázaro, trala aprobación en Pleno Municipal extraordinario do Plan de sectorización desta área. Estas vivendas forman parte das promocións públicas aprobadas pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo(Emuvissa), que van supoñer a construción de 2.245 vivendas protexidas ata 2007.

Leer más

CULTURA

O Concello de Santiago e Caixa Galicia colaboran na programación cultural da cidade

19/05/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entra o Concello de Santiago e a Fundación Caixa Galicia para a realización de diferentes actividades culturais na capital galega. Este acordo renova a frutífera colaboración que ambas entidades veñen mantendo nos últimos anos e supón para Santiago unha importante axenda de actividades culturais para o presente ano.

Leer más

TURISMO

O concurso Compostela Curtocircuíto consolida a súa dimensión internacional

19/05/2006

O concurso de curtametraxes Compostela Curtocircuíto, encadrado na Sección Oficial do III Festival Internacional Curtocircuíto’06, atópase a medio camiño do remate do prazo de presentación de curtas. Ata o momento están sendo moitos os novos creadores que se animan a presentar curtas a esta convocatoria, provenientes de diversos países e continentes. Este feito indica a consolidación deste festival coma un referente internacional no que ao eido das curtametraxes se refire. O prazo remata o 30 de xuño.

Leer más
Compartir: