DEPORTES

Comezan as obras das dúas novas pistas de pádel descubertas de Sar

06/06/2012

O concelleiro de deportes, Adrián Varela, visitou as instalacións do Multiusos Fontes do Sar para supervisar o comezo da obra que permitirá sumar dúas novas pistas de pádel ás tres xa existentes, e incorporar un peche perimetral ao complexo deportivo, nun momento de crecente demanda desta actividade.

Leer más

CULTURA

Pamina Trío pecha o ciclo Música de Cámara

06/06/2012

O Pamina Trío, un dos grupos máis sobresaíntes da súa xeración, pecha o xoves 7 o ciclo Música de Cámara cun concerto ás 20:30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. As entradas, a 6 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e o mesmo día do concerto, dende as 18:00 horas, na do Auditorio de Galicia.

Leer más

ECONOMÍA

O Mercado de Abastos protagoniza o curso "Uso e valor do deseño nas empresas"

05/06/2012

A concelleira de Economía e Mercados, Reyes Leis, presentou o seminario gratuíto Uso e valor do deseño nas empresas, que se celebrará o 28 de xuño no edificio CERSIA, dentro do programa municipal Santiago Investors Support. A concelleira estivo acompañada da xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey, e da responsable do servizo de Economía do Concello, Carme Casado.

Leer más

CULTURA

The Last Internationale debuta en Galicia dentro do Compostela Rock

05/06/2012

The Last Internationale, power trio con base en New York City que esta conquistando notoriedade internacional grazas aos seus explosivos e impredecibles directos, presenta o seu disco Choose your killer. Faino debutando en Galicia, no Compostela Rock, nun programa dobre que abrirán The Ripe (Austin, Texas; rock-folk psicodélico) O concerto será o mércores 6 de xuño ás 21:30 horas., na Sala Capitol e as entradas, a 10 € anticipada, 12 € o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco,...

Leer más
Compartir: