INNOVACIÓN

Santiago participará nos premios "Smart Cities 2015" coa súa proposta de cidade intelixente "Smart iAGO"

15/03/2015

O Concello de Santiago participará o vindeiro mes de abril nos premios Smart Cities 2015 coa súa proposta de cidade intelixente Smart iAGO. Estes galardóns, convocados pola fundación Socinfo e a revista Sociedade da Información, teñen o obxectivo de divulgar proxectos de desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas cidades, baixo o concepto de Smart City, aplicadas nos servizos á cidadanía e á mellora da eficacia interna.

Leer más

ALCALDÍA

Máis de 400.000 euros en axudas para a rehabilitación doutras 21 vivendas no Casco Histórico de Compostela

14/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou, xunto coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no acto de sinatura dos acordos de áreas de rexeneración e renovación urbana no marco do Plan Estatal 2013-2016 en Galicia. No caso de Santiago, o documento asinado permitirá a rehabilitación doutras 21 vivendas no Casco Histórico, achegando 417.280 euros entre as tres administracións para un custo total de 651.280 euros.

Leer más

TURISMO

O aeroporto de Santiago alcanza os 40.000 pasaxeiros en rutas internacionais ata febreiro, un 11,41% máis que no 2014

14/03/2015

O aeroporto de Santiago moveu 39.693 pasaxeiros nas conexións internacionais directas do aeroporto operativas nos meses de xaneiro e febreiro. Esta cifra supón un crecemento acumulado do 11,41% respecto dos 35.627 pasaxeiros que houbo nestas conexións internacionais no 2014. Con respecto ao 2013, o crecemento nestes dous primeiros meses do ano foi do 50,05%, xa que naquel período o número de pasaxeiros foi de 26.453.

Leer más

ALCALDÍA

Entregados os Premios Irmandade do Libro

14/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Cultura, María Antón, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu ao acto de entrega dos Premios Irmandade do Libro na súa XXIV edición.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Iniciouse na praza Roxa o percorrido do punto limpo móbil

14/03/2015

A Concellería de Desenvolvemento Urbano Sostible, a través da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida e do tratamento de residuos, pon en marcha un punto limpo móbil, co obxectivo de dar a coñecer e facilitar a xestión de residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva. Este punto limpo móbil estará cada sábado nun punto da cidade ou do rural. A praza Roxa foi o punto de arranque deste vehículo.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde indica que a nova ordenanza de tramitación de licenzas urbanísticas fará que "sexa máis fácil e máis rápido que nunca emprender un negocio en Santiago"

13/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación inicial pola Xunta de Goberno dunha nova Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa. Esta norma, que axilizará a tramitación na posta en marcha das actividades e obras de acondicionamento de locais, fará que "sexa máis fácil e máis rápido que nunca emprender un negocio en Santiago".

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A norma reguladora do plan "Santiago Suma" garantirá a posta en marcha dun programa social municipal ao que o Concello destina un 86% máis que o pasado ano

13/03/2015

A Xunta de Goberno deu o visto bo inicial á Ordenanza reguladora do programa "Santiago Suma", que recolle o contido do plan integral presentado a pasada semana e que supón un reforzo das medidas de inclusión social adoptadas por outras administracións. Inclúese así o novo catálogo de prestacións e medidas, no cal figura, entre outras, a renda de solidariedade activa.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello encomenda ao Consorcio o proxecto de restauración do Auditorio

13/03/2015

O Consorcio de Santiago será o encargado, a través dunha encomenda de xestión, de elaborar un proxecto de restauración do edificio do Auditorio de Galicia. A intervención estará destinada a reparar os danos que presenta, para que siga a manter os seus valores estéticos e cumpra o seu papel fundamental de acoller as actividades para as que foi deseñado como primeiro contedor cultural da cidade.

Leer más
Compartir: