CONSORCIO

O oboísta valenciano Eduardo Martínez formará neste instrumento a oito músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais

11/11/2014

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do afamado oboísta valenciano Eduardo Martínez. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense oito prazas para músicos externos ao centro.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio restaura o retablo da igrexa de Santa Mariña de Berdía, que se atopa nun deficitario estado de conservación

11/11/2014

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago promove a restauración e conservación do retablo maior da igrexa de Santa Mariña de Berdía, localizada na parroquia de Berdía, a uns dez quilómetros ao norte da cidade. Os traballos, cuxo orzamento ascende a 19.178,50 euros, poderían estar rematados en tres meses. O restaurador responsable deste proxecto, Andrés Martínez Rey, manifesta que a intervención no retablo vai destinada a recuperar a súa estética orixinal e a garantir a súa conservación...

Leer más

CULTURA

Alfonso Zarauza presenta "Encallados" e "A viaxe dos Chévere" en Cineuropa

11/11/2014

A xornada do mércores 12 en Cineuropa ten como protagonista a Alfonso Zarauza, que presentara dous dos seus filmes: Encallados, ás 16:00 h no Teatro Principal, e A viaxe dos Chévere, ás 18:30 h no Salón Teatro. Ambos será presentados polo propio Zarauza e no dos Chévere estarán tamén os propios Chévere para comentar o filme.

Leer más

CONSORCIO

Inaugurada na Casa do Cabido a mostra "Bosques de prata", do ourive Eloy Gesto

11/11/2014

O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Agustín Hernández, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, participaron na inauguración da exposición Bosques de prata, do ourive compostelán Eloy Gesto. A mostra, organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, pode verse ata o vindeiro 27 de xaneiro na Casa do Cabido, nun espazo cedido polo Consorcio de Santiago.

Leer más

TURISMO

Santiago participa no deseño dunha rede internacional para o desenvolvemento sostible das peregrinacións

10/11/2014

Turismo de Santiago participa este martes en Canterbury (Inglaterra) nunha xuntanza da Green Pilgrimage Network, na que os membros deseñarán as súas estratexias de traballo a desenvolver a medio prazo. As estratexias centraranse en tres ámbitos: definición dos proxectos prioritarios da rede, estimación dos recursos necesarios para facer estes proxectos e a identificación das posibles fontes de financiamento, tanto públicas como privadas.

Leer más

SEGURIDADE E MOBILIDADE

A Policía Local detecta o consumo de drogas nun condutor que se viu involucrado nun accidente de circulación

10/11/2014

As drogas, baixo control. A Policía Local de Santiago someteu a un control específico, que determina a inxestión ou non de drogas, a un condutor que se viu involucrado nun accidente de circulación ocorrido a tarde do domingo na rotonda que conforman as rúas San Lázaro e o acceso da SC-20. O condutor levantou as sospeitas dos axentes de conducir baixo os efectos de sustancias estupefacientes; fixéronlle a proba e botou un resultado positivo en consumo de cocaína.

Leer más

CULTURA

Quince filmes para elixir na xornada do martes 11 en Cineuropa

10/11/2014

O programa de Cineuropa continúa tras exitosa inauguración na que o público abarrotou o Teatro Principal. Na xornada deste martes 11 poderemos ver ata 15 filmes entre os que destaca a inauguración do ciclo Cando tiburón devorou ao cinema: ascenso e caída do Novo Hollywood, co filme A pantasma do paraíso, ás 00.00 horas no Principal, así como o último pase do exitoso documental de Win Wenders sobre Sebastiao Salgado A sal da terra (as 18:00 h no Salón Teatro), e a última oportunidade...

Leer más
Compartir: