ALCALDÍA
O alcalde recibiu o xefe de zona da Garda Civil en Galicia, José María Feliz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co xefe de zona da Garda Civil en Galicia, o xeneral de brigada José María Feliz Cadenas.
CONVIVENCIA
A Policía Local imparte un taller sobre sistemas de retención infantil
Este mércores, 11 de marzo, a Policía Local de Santiago impartirá unha charla-taller sobre educación viaria para embarazadas e sistemas de retención infantil, baixo o título "Abrázao á vida". Será no Centros Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, de 18:30 a 20:00 horas.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa en maio un obradoiro sobre bioconstrucións para flora e fauna urbana e un roteiro sobre biodiversidade
Para o mes de maio, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) preparou un programa que inclúe un obradoiro sobre bioconstrucións para a flora e a fauna urbana e un roteiro sobre biodiversidade na cidade. Completarase o calendario coa celebración do IV Encontro de Cidadanía ao Poder, organizado polas Coordinadoras de ONGDs e cun curso de iniciación á apicultura da Asociación Galega de Apicultura.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Teatro Principal acolleu as representacións dos grupos escolares de primaria no XXI Certame de Teatro Intercentros
Concluíu o XXI Certame de Teatro Intercentros coas tres representacións dos grupos de primaria. O concurso, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e a coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, xa celebrara dúas xornadas coas posta en escena das obras dos centros de secundaria.
CONVIVENCIA
A Policía Local instala un parque infantil de tráfico no recinto feiral de Amio
Esta mañá empezou a funcionar o parque infantil de tráfico que a Policía Local instalou no recinto feiral de Amio, dentro do seu programa de seguridade viaria Móvete seguro con Moito Olliño. O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Raíña Fabiola foi o primeiro en probar as instalacións, ante a atenta mirada do concelleiro de Convivencia e Medio Ambiente. Xan Duro explicou que o parque infantil de tráfico é "a parte práctica dun programa que, na súa parte teórica, chegou xa a 24...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia réndelle homenaxe a Shakespeare e Cervantes no 400 aniversario da súa morte
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia, nos que renderá homenaxe a Shakespeare e Cervantes con motivo do 400 aniversario da súa morte. O do xoves será de abono e o do venres, para nenos e familias, a un prezo reducido.
FESTAS
Marcos Coll e Nina Hill poñen o broche de ouro ás Festas da Ascensión 2016
Despois de catro días de concertos, festa e actividades que encheron de xente as rúas da nosa cidade, as Festas da Ascensión do 2016 chegan ao seu fin con programación para todos os públicos.
FESTAS
Soleá Morente e WAS, protagonistas musicais da penúltima xornada das festas da Ascensión
A xornada do sábado nas festas da Ascensión contou con actividades para todos os públicos. Houbo deporte, espectáculos para os máis pequenos, a tradicional Festa dos Maiores e moita música.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia o expediente de contratación do servizo de rozas
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación do servizo para rozas, limpeza e mantemento dos viarios e parcelas municipais. O contrato, que se adxudicará polo procedemento aberto, terá un tipo de licitación de 181.818,18 euros, IVE aparte. Desa cifra, 170.000 euros corresponden á anualidade de 2016, e 50.000 euros á anualidade de 2017.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Últimos días para anotarse no plan formativo sobre consumo organizado polo Concello e a Unión de Consumidores de Galicia
A Concellería de Desenvolvemento Económico, a través do seu Departamento de Comercio, e a Unión de Consumidores de Galicia, puxeron en marcha un plan de formación continua en materias de consumo dirixido aos comerciantes da cidade. Os obxectivos do plan de formación son contribuír á mellora da calidade das relacións entre comerciantes, consumidores e empresas de servizos, e á mellora das relacións comerciais baseadas nas novas tecnoloxías.