CULTURA
Ángel Martín & Ricardo Castella presentan "Love Pain Love" dentro de Falabaratos
Ángel Martín e Ricardo Castella presentan en Falabaratos o seu espectáculo Love Pain Love. Será este venres 8 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 17 euros (12 no anfiteatro) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
ALCALDÍA
Agustín Hernández recoñece a traxectoria de 125 anos da Cámara de Comercio de Santiago "en beneficio do mundo empresarial e do conxunto da cidadanía"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á presentación da publicación 125 Anos. Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago. O libro repasa a traxectoria deste organismo, do que destacou a súa "vitalidade" e o seu "enraizamento nun territorio no que medrou e ao que fixo medrar, cun labor cun labor constante en beneficio do mundo empresarial e do conxunto da cidadanía".
ALCALDÍA
O alcalde visitou a mesa de colecta da Asociación Española contra o Cancro
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou a mesa de colecta da Asociación Española Contra o Cancro instalada na sede do Aeroclub na rúa Xeneral Pardiñas.
ALCALDÍA
Hernández presidiu a reunión entre o equipo que revisa o Plan Especial do Casco Histórico e as asociacións implicadas
O salón verde do Concello acolleu esta tarde o encontro, presidido polo alcalde, Agustín Hernández, entre representantes da empresa encargada da revisión do Plan Especial do Casco Histórico, Estudio Thurban S.L., e as diferentes asociacións da cidade implicadas neste proxecto, como a Asociación de Hostalería, Compostela Monumental, a Asociación Cidade Vella, a Asociación de Veciños de Compostela Vella, a Asociación Cultural San Martiño Pinario e a Asociación de Guías de Turismo.
ALCALDÍA
Entregados os Premios Vitrales de poesía e relato curto
O salón vermello do Pazo de Raxoi acolleu a entrega dos Premios Vitrales de poesía e relato curto, convocado polo Colexio Maior La Estila. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu a cerimonia.
ALCALDÍA
Benvida do alcalde aos participantes no XXXVI Congreso da Asociación Española de Enfermería en Cardioloxía
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi os participantes no XXXVI Congreso da Asociación Española de Enfermería en Cardioloxía, que se celebra no Palacio de Congresos entre o 7 e o 9 de maio.
CULTURA
A compañía compostelá de danza La Incidente D-T presenta "Hambre" na Zona C
A compañía compostelá de danza La Incidente D-T presenta o seu espectáculo Hambre dentro do ciclo Danza 2015. Será este xoves e de novo o venres, ás 20:30 horas, na Zona C. As entradas, a 6 euros, poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443, e tamén se poderán adquirir os días de función na propia Zona C dende ás 19:00 horas.
CULTURA
Os xaponeses Mono presentan os seus últimos traballos no Teatro Principal dentro do ciclo Compostela Rock
Os nipóns Mono, unha das pezas clave da música instrumental actual, incluirán de novo a Galicia no seu tour mundial que están a levar a cabo para presentar os dous albumes que lanzaron ao mesmo tempo hai uns meses. Será este xoves, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Compostela Rock. No concerto estarán acompañados pola estadounidense Helen Money.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a contribución do programa educativo europeo Comenius a "difundir a importancia de manter e conservar o patrimonio público"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, abriu as Xornadas do V Encontro Comenius, programa educativo de intercambio no que participa o IES Xelmírez I.
ECONOMÍA
Concello e Colexio de Avogados renovan o servizo para promover acordos na renovación de alugueres de locais comerciais
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e o presidente do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, asinaron esta mañá en Raxoi a renovación do convenio de colaboración do Concello co Colexio de Avogados para a promoción de acordos a respecto dos alugueres de locais comerciais.