TURISMO
"Santiago de Compostela, a túa historia para o 2021", terceira fase da campaña de promoción turística da cidade
"Santiago de Compostela, a túa historia para o 2021" é o título da terceira fase da campaña iniciada no verán de 2020. Dirixida ao ámbito galego e estatal, en función das actuais limitacións das viaxes cara a España, esta acción promocional durará do 26 de decembro ata o 23 de xaneiro de 2021.
ALCALDÍA
O Concello homenaxea o persoal xubilado en 2020
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de homenaxe e entrega de placas aos traballadores e traballadoras municipais que se xubilaron neste 2020.
ALCALDÍA
O alcalde chama a extremar a responsabilidade durante o Nadal para frear o aumento de casos de COVID
Ante o levantamento do peche perimetral dende hoxe e ata o vindeiro día 25, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quixo reiterar o chamado á responsabilidade individual e colectiva por parte da cidadanía para evitar que se incremente o número de casos activos no municipio.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello e a Asociación Compostela Solidaria asinan o convenio para o mantemento do proxecto educativo para adultos "Escola de Segunda Oportunidade"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá o convenio de colaboración con Luis Rivero de Aguilar, en representación da Asociación Compostela Solidaria, para dar continuidade ao proxecto educativo para persoas adultas "Escola de Segunda Oportunidade".
EDUCACIÓN
Un traballo do CEE López Navalón gaña a XII edición dos Premios Educacompostela
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a entrega de galardóns do XII Premio Educacompostela, convocado polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
FESTAS
Recollida de entradas para a recepción dos Reis Magos
Este ano, a visita das súas maxestades de Oriente será distinta máis igualmente máxica e especial. Os nenos e nenas de Compostela terán a oportunidade de entregarlles persoalmente a Melchor, Gaspar e Baltasar as súas cartas nunha recepción que terá lugar o 5 de xaneiro na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Este máxico encontro comezará ás 12.00 e prolongarase ata as 22.00 horas.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello asume o transporte urbano ata o Aeroporto de Santiago a través da liña 6
A Xunta de Goberno acordou ordear á actual concesionaria do transporte colectivo urbano de viaxeiros que, a partir do vindeiro 23 de decembro de 2020 e ata a adxudicación do novo contrato, realice a prestación do servizo ao aeroporto e á Lavacolla, integrándoo no percorrido da liña 6 (San Marcos-Os Tilos). Na meirande parte do tempo, a frecuencia do autobús ao aeroporto, que ata o de agora era de 30 minutos, será de 20. Tamén se deu luz verde nesta mesma sesión á licenza para a quinta fase do despregamento de fibra...
POLÍTICAS LINGUÍSTICAS
As empresas Moksín, Dinahosting e Revista Pincha, gañadoras dos Premios Manuel Beiras 2020
O concelleiro de Políticas Linguísticas, Rubén Prol, e o representante da Cámara de Comercio no xurado dos premios, Xabier Freire Chico, anunciaron os gañadores da edición deste ano dos Manuel Beiras, que se entregarán hoxe pola tarde, a partir das 20.30 h, no Teatro Principal.
SMARTIAGO
O Concello pon en marcha un sistema piloto pioneiro de control de residuos orgánicos a través de colectores intelixentes, dentro do proxecto Smartiago
O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte, presentou esta mañá o proxecto do sistema intelixente de recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) que se vai desenvolver na cidade no marco do proxecto Smartiago. Acompañárono na presentación por parte de Wellness TechGroup, empresa adxudicataria, o seu director executivo, David García Ternero, e a delegada da empresa sevillana no norte de España, Fernanda Diz Vega.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago amosa a súa satisfacción polo levantamento da cláusula de 3,5 millóns de viaxeiros para a construción da estación do AVE
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción logo de que o ministro de Fomento, José Luís Ábalos, anunciase a retirada da cláusula que condicionaba a construción da estación do AVE de Santiago a acadar os 3,5 millóns de viaxeiros.