CENTROS SOCIOCULTURAIS

Santiago contará cun novo centro sociocultural no edificio de Caixa Galicia de Frei Rosendo Salvado

31/05/2006

O Concello de Santiago, Caixa Galicia e a Deputación da Coruña asinaron un convenio de colaboración para a cesión ao concello da xestión e o uso de dependencias do local situado en Frei Rosendo Salvado, 14-16, destinado a Centro Sociocultural e Xuvenil. Con este convenio, o Concello entra na xestión do edificio, integrándoo na Rede de Centros Socioculturais de Santiago.

Leer más

CULTURA

A Real Filharmonía interpreta a Falla

31/05/2006

Malia que aínda faltan dous dos máis interesantes programas para rematar a presente campaña da Real Filharmonía de Galicia, o venres 2 de xuño o seu director titular, Antoni Ros Marbà, dirixe o que será o seu derradeiro concerto da tempada. Faino cun programa que inclúe como peza fundamental a versión íntegra do ballet "El sombrero de tres picos", de Manuel de Falla.

Leer más

PREMIO

Santiago de Compostela, premiada como cidade sostible

30/05/2006

O Concello de Santiago foi galardoado co Premio ISR 2006, que recoñece aos municipios e entidades locais que conseguiran mellores resultados en relación cos criterios de sostibilidade para as cidades. O xurado destes premios, concedidos polo Instituto para a Sostibilidade dos Recursos (ISR), recoñeceu por unanimidade o compromiso de Santiago cos catro piares da sostibilidade: o económico, o social, o ambiental e o cultural.

Leer más

TURISMO

A Televisión de Galicia promocionará e difundirá o "Curtocircuito"

30/05/2006

O Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela "Curtocircuíto" terá unha importante difusión e promoción nas pantallas da televisión autonómica. Isto será posible grazas ao acordo de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Benigno Sánchez.

Leer más

EDUCACIÓN

Un programa de animación á lectura recupera a memoria histórica

30/05/2006

Logo da colaboración establecida coa Galería Sargadelos na realización da VI Campaña Municipal de Animación á Lectura, desenvolvida ao longo dos últimos meses de abril e maio, está prevista a súa continuidade para estudantes de educación secundaria e bacharelato, cun conxunto de propostas de dinamización cultural na que se integra un programa sobre a recuperación da memoria histórica e de animación á lectura. A inauguración deste novo programa foi presentada pola concelleira de...

Leer más

TRANSPORTES

O Concello solicita a integración de dúas concesións de transporte na rede urbana

29/05/2006

O Concello de Santiago solicitará á Dirección Xeral de Transportes a declaración de caducidade de dúas concesións de transporte interurbano e a súa integración na rede de transporte urbano. Esta medida afectará ás liñas 1 (Polígono do Tambre-Hospital Clínico) e 6 (San Lázaro-Os Tilos). A finalidade desta medida é garantir a prestación do servizo baixo a tutela municipal e sen a necesidade do amparo dun título concesional autonómico.

Leer más

FUNDACIÓN GRANELL

A Fundación Eugenio Granell abre o ciclo "Xoves poéticas surrealistas"

29/05/2006

A Fundación Eugenio Granell inaugura outro espazo cunha programación propia: o ciclo "Xoves poéticas surrealistas". Desenvolverase na actual sala de conferencias e está orientado a aqueles/as xoves creadores/as que utilicen como eixo fundamental da súa obra procedementos e técnicas do corpus estético surrealista.

Leer más

FESTAS

A multitudinaria participación cidadá foi a gran protagonista das Festas da Ascensión

29/05/2006

As Festas da Ascensión remataron deixando a todos os que participaron nelas e aos organizadores un balance moi positivo. A pesar de ser unha festa pensada para os composteláns foron moitos os cidadáns doutras cidades que se acercaron ata Santiago durante estes días para participar desta festividade. Un programa pensado para todas as idades que conseguiu chamar a atención de nenos, mozos e maiores. Nas festas infantís, no Día da Muiñera, nos concertos ou na Festa dos Maiores, a resposta do público foi espectacular, con asistencias...

Leer más
Compartir: