ACCIÓN CULTURAL
A Escola de Música de aCentral Folque presenta un novo curso
O venres 15 de outubro comeza un novo curso regular da Escola de Música d’aCentral Folque, que xa leva 21 anos de ensino en músicas populares galegas. Haberá aulas para todos os públicos e inquietudes en especialidades coma baile, sanfona, violino, gaita, canto, frautas, percusións, solfexo, análise musical de cancións tradicionais…A partir de xaneiro do 2022 haberá unha morea de cursos monográficos especiais e este ano inaugúrase a aula de acordeón piano na oferta educativa da escola, que foi presentada en rolda...
ACCIÓN CULTURAL
O ciclo de concertos e parolas "Flor Nova do Romanceiro Ibérico" arranca mañá nas parroquias rurais de Compostela
O II ciclo Flor Nova do Romanceiro Ibérico traerá esta manifestación literaria de carácter oral, transmitida desde finais da Idade Media atA os nosos días, ás parroquias rurais de Compostela, poñendo en valor o seu patrimonio. O programa desenvolverase os días 8, 9, 15 e 16 de outubro, e abrangue concertos, parolas e vídeos de divulgación para todos os públicos.
TURISMO
Santiago participa na primeira convención de Turespaña para acelerar a recuperación do turismo internacional
Turismo de Santiago reuniuse, entre outras, coas Oficinas Españolas de Turismo en EEUU, Alemaña, Xapón, Reino Unido, Francia, Austria e Suiza.
SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
A Policía Local súmase á campaña da DXT de vixilancia e control de camións e autobuses
O Concello de Santiago, a través da Policía Local, súmase un ano máis á campaña especial de vixilancia e control de camións e autobuses que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) entre o 11 e 17 de outubro.
COMERCIO
Chamamento para que os propietarios de pezas de prata e acibeche "singulares" as cedan para unha exposición que tería lugar o próximo verán
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu á xuntanza da "Comisión para o desenvolvemento do Plan Estratéxico Ourives de Compostela"; na que o concello de Santiago e a Deputación da Coruña amosaron o seu compromiso coa exposición sobre a pratería e a acibechería en Santiago, prevista para os meses de xuño, xullo e agosto de 2022.