XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda iniciar un novo procedemento de licitación do servizo de limpeza nos edificios e instalacións municipais
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou, entre outros asuntos, o inicio dun novo procedemento de licitación do servizo de limpeza nos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago e a concesión da licenza para a sexta fase de despregamento da rede de fibra óptica na cidade histórica.
CIDADE HISTÓRICA
A iniciativa impulsada polo Concello de Santiago e a Xunta para mellorar a conectividade no casco histórico entra na fase final coa activación das primeiras conexións nas rúas do Franco e do Vilar
O operador Orange vén de iniciar o proceso para que esta semana os veciños destas rúas poidan dar de alta este servizo. Unha vez comprobado o correcto funcionamento nestas primeiras vivendas e o control da instalación das acometidas individuais, ampliarase o servizo de forma progresiva a outras rúas. O despregamento conta cun investimento privado de 2,4 millóns de euros e o seu alcance esténdese a todo o ámbito do Plan Especial do casco histórico.