ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música ofrece un ciclo de concertos de verán coas súas formacións instrumentais
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou este martes o Ciclo de Música de Cámara da Rúa, un programa de 11 concertos da Banda Municipal de Música que se estenderán ata o 16 de xullo. Na rolda de prensa tamén participou o director da formación, Casiano Mouriño.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Desvélanse as regueifas gañadoras na IV edición do certame "Enreguéifate"
Xa se coñecen as regueifas gañadoras da IV edición do certame Enreguéifate, un proxecto organizado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. As 11 regueifas gañadoras foron seleccionadas entre os 27 vídeos presentados a concurso, 16 na categoría escolar e 11 na xeral.
IGUALDADE
Compostela Diversa mostra con diversas accións o compromiso da cidade coa realidade LGTBI
Compostela Diversa retoma a súa andaina neste ano 2020 para facer de Santiago un referente da diversidade sexual e de xénero en Galicia, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo. Con motivo da celebración este domingo 28 do Día Internacional do Orgullo LGTBI, preparáronse varias accións, que foron presentada este martes pola concelleira de Igualdade, Noa Díaz.
FESTAS E MOBILIDADE
Peonalización de varias rúas do Ensanche para facilitar a participación en "Prima20", a festa do comercio local
Xa está todo listo para o inicio de Prima20, a festa do comercio local, que se desenvolverá dende o xoves 25 ao domingo 28 de xuño. E para facilitar que toda veciñanza poida participar da saída á rúa do comercio e das actividades previstas, a peonalización de varías rúas do Ensanche da fin de semana estenderase tamén ás tardes do xoves e do venres, a partir das 18:00 horas.
MOCIDADE
A concelleira de Mocidade visita as obras do Centro Xove da Almáciga
A concelleira de Mocidade, Noa Díaz, visitou este martes as obras que se están levando a cabo no Centro Xove da Almáciga e nos locais anexos. Estes traballos contan cun investimento de 34.000 euros e prevese que estean rematados a finais deste verán, coincidindo coa presentación da nova programación, na que se reforzarán as actividades online.
ALCALDÍA
O alcalde participou na xuntanza do Padroado da Cidade da Cultura
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este martes na xuntanza telemática do Padroado da Cidade da Cultura, presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
PERSOAL
A mesa xeral de negociación abordou o acordo de funcionarización e as liñas de actuación en materia de recursos humanos
A concelleira de Economía, Facenda, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presidiu hoxe a primeira mesa xeral de negociación unha vez superado o Estado de Alarma. Entre os asuntos tratados, figuraron a oferta de emprego público do ano 2020, o borrador sobre o acordo de funcionarización do persoal laboral fixo e as liñas de actuación en materia de recursos humanos que ten previsto desenvolver o equipo de goberno no período comprendido entre os exercicios 2020 e 2022.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIO
Publicadas as listaxes de beneficiarios/as das axudas a autónomos e micropemes e ao comercio do Plan de Reactivación Económica
Dando cumprimento ás bases das respectivas convocatorias, veñen de publicarse as relacións de beneficiarios/as e excluídos/as de tres das convocatorias incluídas no Plan de Reactivación Económica do Concello para facer fronte á situación creada pola COVID-19.