POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Auditorio de Galicia acolle o 27 de decembro o Festival do Apego
O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou o Festival do Apego, que se celebrará o domingo 27 de decembro, no Auditorio de Galicia. A festa do Apego, que este ano se converte, debido ás circunstancias derivadas da COVID 19, nun festival, é unha excelente alternativa nestas datas de Nadal para que as familias teñan diversas opcións e poidan compartir un tempo e un espazo con outros pais e nais interesados na crianza en galego.
TURISMO
"Santiago de Compostela, a túa historia este Nadal", segunda fase da campaña de promoción turística da cidade
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou no Pazo de Raxoi a segunda parte da campaña de promoción turística "Santiago de Compostela. A túa historia", que ten como obxectivo reactivar a demanda turística da cidade, na medida en que as restriccións o permitan, de cara ás festas de Nadal. O concelleiro estivo acompañdo pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.
EDUCACIÓN
O italiano Pietro Gottuso recibe o premio internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O ilustrador italiano Pietro Gottuso agradeceu, vía telemática, o premio internacional Compostela de Álbums Ilustrados, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, que recaeu na súa obra "Desde 1880".
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente o proxecto básico das obras de mellora de acceso ao parque de Belvís
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, as obras de mellora de acceso ao Parque de Belvís desde a Praza do Matadoiro, e a fase cinco de despregue de rede de fibra óptica na Cidade Histórica.