ALCALDÍA
O alcalde agarda que as medidas restritivas vixentes na cidade se flexibilicen a partir do venres 4 de decembro
A pesar da boa evolución das cifras da pandemia na cidade, as restricións vixentes non se levantarán este venres 27 de novembro. Así llo comunicou o conselleiro de Sanidade ao alcalde nunha chamada que se producía mentres o rexedor comparecía en rolda de prensa. Está previsto que o comité clínico se reúna de novo o martes e tome unha decisión a este respecto de cara ao venres 4 de decembro.
EMPREGO
Remata a edición máis virtual de Talentia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que asistiu de forma telemática, clausuraron o foro Talentia 2020, poñendo o broche final a unha edición especial marcada pola virtualidade a causa da pandemia. No acto tamén estivo presente o reitor da USC, Antonio López.
SMARTIAGO
O proxecto Smartiago recibe o premio á mellor iniciativa da administración do Colexio de Enxeñaría en Informática
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausurou a XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, organizada polo Colexio profesional de Enxeñeiros en Informática, e recolleu o premio á mellor iniciativa da administración, que recaeu no proxecto Smartiago.
TURISMO
Santiago pecha co mercado británico a súa participación na acción de promoción "Spain Box"
Turismo de Santiago, a través do seu Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participou neste mes de novembro nunha acción denominada "SpainBox", dirixida aos mercados francés, italiano e británico, tres mercados estratéxicos para a cidade.
SMARTIAGO
El proyecto Smartiago recibe el premio a la mejor iniciativa de la administración del Colegio de Ingeniería en Informática
El alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausuró la XII Noche de la Ingeniería en Informática de Galicia, organizada por el Colegio profesional de Ingenieros en Informática, y recogió el premio a la mejor iniciativa de la administración, que recayó en el proyecto Smartiago.