ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese co comité de folga do Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes co comité de folga do Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, que convocou tres paros este mes en protesta pola non licitación do servizo de cantina destinado aos traballadores e traballadoras.
POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE
A cidade acolle este sábado a I Andaina Solidaria Asotrame
Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado, 14 de setembro, a I Andaina "Asotrame fai o Camiño", organizada pola Asociación Galega de Transplantados de Medula (Asotrame) coa colaboración do Concello de Santiago. A proba arrincará no Monte do Gozo (monumento de Xoán Paulo II) ás 10:30 horas e chegará á praza do Obradoiro despois de percorrer 5 quilómetros.
ACCIÓN CULTURAL
O Ciclo de Lied celebra o seu vixésimo aniversario percorrendo a historia do xénero dende Schubert
O Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago coa dirección da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, celebra neste 2019 o seu vixésimo aniversario. Para conmemorar a efeméride, o Ciclo fará un percorrido pola historia do xénero, tomando como punto de partida as creacións de autores como Schubert ou Beethoven, ao longo do mes de setembro, con tres recitais que se celebrarán os días 18, 23 e 25.