ALCALDÍA
O Goberno en funcións e os/as concelleiros/as electos/as do futuro Executivo local inician o traspaso de poderes
O alcalde en funcións, Martiño Noriega, e o candidato da lista máis votada nas pasadas eleccións e futuro alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron hoxe unha xuntanza para iniciar o traspaso de poderes entre os dous grupos de Goberno. Na reunión participaron os concelleiros e concelleiras do actual Goberno en funcións, así como os/as edís electos/as do PSOE nos comicios locais do pasado 26 de maio.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC chega á súa terceira edición con ducias de actividades ao redor do libro e con La Habana como cidade invitada
A praza da Quintana acollerá dende mañá venres e ata o 16 de xuño a III edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela. Novamente, a exposición de librarías e editoriais irá acompañada dun amplo programa de actividades ao redor da literatura, con presentacións de libros, propostas infantís ou actuacións musicais. Nesta ocasión, a cidade invitada será La Habana, "para deste xeito sumarnos dende Santiago á celebración do 500 aniversario da capital cubana".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"El perro de Mimo", de Mariann Maray (Hungría), gaña o XII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe das obras gañadoras da XII Edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Xunto a el estiveron cinco membros do xurado: Nazaret de Sousa, Noemí Villamuza, Xosé Cobas, Manuela Rodríguez (da editorial Kalandraka) e José Morán.