IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, o acontecido este luns en Iznajar (Córdoba) e o confirmado tamén onte, pero acontecido en 2004, en Degaña (Asturias).
CENTROS CÍVICOS
Os centros cívicos organizan cinco paseos de barrio
A Concellaría de Centros Cívicos organiza cinco paseos de barrio no marco do programa Vive o verán 2019. Estes roteiros son de balde e abertos á participación de calquera persoa adulta ou de menores acompañados/as.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina nove convenios por un importe total de 274.000 euros
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asinou hoxe un novo lote de convenios con entidades sociais por un importe que ascende a 274.000 euros e entre os que se inclúen a Fundación Secretariado Xitano, Acadar, Cociña Económica, Cáritas, Cruz Vermella, Sarela, Fundación Ronsel, Don Bosco e Compostela Solidaria.
ACCIÓN CULTURAL
As Xornadas de Música Contemporánea do 2019 xirarán en torno á Diáspora
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá as Xornadas de Música Contemporánea 2019, que xirarán en torno á Diáspora. Novoneyra presentou o programa, que se celebra do 7 ao 27 de xuño en espazos diversos da cidade, acompañada de Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; María do Mar Lorenzo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC e Santiago Olmo, director do CGAC, xa que todas esas institucións son organizadoras do ciclo, xunto...
TURISMO
Vueling opera dende este martes o seu segundo avión baseado no aeroporto Rosalía de Castro
A compañía Vueling vén de incorporar este mesmo martes o seu segundo avión baseado no Aeroporto Rosalía de Castro. A nova aeronave, que xa opera e dorme na súa base de Lavacolla, está asociada a unha ampliación de aproximadamente 40 persoas no aeroporto compostelán. Unha vintena destas corresponde a pilotos e tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP), mentres o resto recae de maneira indirecta en labores de handling e mantemento.
CENTROS CÍVICOS
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as nos campamentos de verán dos centros cívicos
A Concellaría de Centros Cívicos vén de publicar a listaxe definitiva para a actividade Mañás de verán nos centros cívicos urbanos, e para os campamentos nos centros cívicos do rural, incluídas no programa Vive o verán.