ALCALDÍA
Recepción en Raxoi a Tomas Lindahl, Premio Nobel de Química 2015
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Tomas Lindahl, Premio Nobel de Química 2015, que está a participar no Programa ConCiencia, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. O científico sueco asinou no Libro de Honra, nun acto no que tamén participaron os voceiros municipais do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín.
EDUCACIÓN
"O libro educativo na era dixital", lema do simposio que a Asociación Galega de Editores celebra en Santiago de Compostela o 21 e 22 de novembro
O simposio O libro e a lectura, da Asociación Galega de Editoras, alcanza a súa edición número 16 nun encontro que se celebrará no auditorio do Consello da Cultura Galega na mañá e tarde do xoves 21 de novembro e durante a mañá do venres 22 de novembro. Contará coa intervención de Antón Costa e Gregorio Luri, que impartirán as conferencias de apertura e peche, e de profesoras e representantes das editoras de libro educativo, que participarán en tres mesas redondas e nun panel de...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asistiu ao acto de apertura da primeira estación de carga de gas natural para vehículos en Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro; o delegado de Proyectos Movilidad Zona Norte-Portugal en Naturgy, José Antonio Sánchez Loureda; o xerente da estación de servizo Staroil, Juan Lago; e a directora de Mercagalicia, María Vázquez, inauguraron este martes a primeira estación pública de carga de gas natural para vehículos en Santiago de Compostela, situada en Mercagalicia, no Polígono Industrial do Tambre. Tamén participaron os...
INNOVACIÓN
Presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Smartiago
O xoves 21 de novembro, ás 10:30 horas. na capela do Hostal dos Reis Católicos, celebrarase a xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado de Smartiago.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio e a Fundación DIDAC presentan o libro "Formas do deseño. Galicia XXI", editado con motivo da mostra recentemente celebrada no recinto
Este mércores 20 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación da publicación Formas do deseño. Galicia XXI, editada con motivo da exposición recentemente celebrada no Auditorio de Galicia. A presentación será na sala circular do Auditorio de Galicia e contará coa presenza de Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; David Barro e Mónica Maneiro, comisarios da exposición; e María Ramos, deseñadora e participante na mostra.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello convoca o sector cultural a participar na xornada "A cultura en Santiago de Compostela. Análise de situación e reflexión colectiva"
O Concello de Santiago convoca os axentes culturais locais a unha xornada que se celebrará o vindeiro 4 de decembro no Centro Sociocultural de Santa Marta e na que tamén participará a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
ALCALDÍA
Inaugurada na Alameda a exposición "Luis Davila & Gogue. As historias do noso día a día"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou no paseo central da Alameda a exposición Luis Davila & Gogue. As historias do noso día a día.