ACCIÓN CULTURAL
Presumido e BFlecha pechan este venres no Principal a segunda edición do Compostela Conversa
Dúas das propostas de electrónica máis interesantes do panorama actual galego protagonizarán a próxima sesión do Compostela Conversa. O venres 13 de abril, ás 20:30 horas, o Teatro Principal acollerá o concerto dobre de Presumido, unha das bandas revelación do 2017, e BFlecha, a produtora e DJ galega que experimenta con novos sons a través do synth, o R&B, o pop e o trap.
ALCALDÍA E CONVIVENCIA
Preto de mil nenos e nenas pasarán no mes de abril polo Parque Infantil de Tráfico instalado en Amio
Preto de mil escolares pasarán ao longo do mes de abril polo Parque Infantil de Tráfico instalado no recinto feiral de Amio. O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron hoxe a actividade, que estrea equipamento de propiedade municipal.
LINGUA
Santiago, concello con máis participantes na edición 2018 do premios Youtubeir@s, que xa ten finalistas
O venres 6 de abril reuniuse o xurado da segunda edición dos premios Youtubeir@s, integrado por Adrián Dios, Anxos Sobriño, Estela Romasanta, Iván Capón e Laura Cruxeiras. O xurado tivo que valorar as 229 inscricións desta edición e desa reunión saíron os/as 26 youtubeir@s finalistas do 2018.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción ao alumnado de intercambio dos institutos Orsoline (Italia) e Xelmírez I
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu o alumnado do Instituto Orsoline San Carlo, de Como (Italia), e do compostelán IES Arcebispo Xelmírez I.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde agradece a Aspanaes o seu traballo en prol da inclusión das persoas con TEA
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitaron hoxe o centro de día que Aspanaes xestiona en Villestro, e que ten como obxectivo promover a inclusión social das persoas con TEA. Martiño Noriega e Concha Fernández estiveron acompañados polo persoal do centro e máis pola presidenta de Aspanaes na provincia da Coruña, María José Álvarez Folgar.
TURISMO
Turismo de Santiago presenta a cidade a 250 axencias de viaxe de Italia
Turismo de Santiago participa esta semana nunha acción de promoción organizada pola Oficina Española de Turismo en Milán, que permitirá presentar a cidade a máis de 250 axencias de viaxes italianas. A acción desenvolverase nas cidades de Roma, Florencia, Verona e Turín.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia tocará esta semana unha selección da ópera "Electra", de Richard Strauss
A Real Filharmonía de Galicia tocará esta semana unha selección da ópera Electra en versión concerto. Será este xoves 12, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, dentro da súa tempada de abono. A batuta levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.
ALCALDÍA
O alcalde solicitará unha reunión coa Secretaría de Estado de Medio Ambiente para analizar a proposta da EDAR da Silvouta
O alcalde solicitará unha reunión coa secretaria de Estado de Medio Ambiente e presidenta de Acuaes, María García Rodríguez, para seguir analizando a proposta do Concello para a construción da nova EDAR na Silvouta. Martiño Noriega quere "esgotar todas as vías, despois da decepción da reunión celebrada hoxe coa directora xeral de Acuaes, que mantén exactamente a mesma proposta para a depuradora do Souto que foi rexeitada polo Pleno da Corporación".