IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron o pasado venres dúas vítimas en Vitoria.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Teatro Principal acolleu o recital "As sensombreiro" con motivo do Día do Libro
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, asistiu no Teatro Principal ao recital poético e musical "As sensombreiro", a cargo de Paco Damas, con motivo do Día do Libro. Alumnado de secundaria e de 5º e 6º de Primaria encheu o Teatro Principal para asistir a esta reivindicativa proposta didáctica.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o papel de Correos na presentación dos dous novos selos dedicados a Compostela e o Camiño Inglés
O alcalde de Santiago acudiu esta mañá ao acto de presentación do novos selos fabricados por Correos e que están dedicados ao Camiño Norte-Camiño Costeiro e a Santiago. Ao evento asistiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; a presidenta de SEPI, Pilar Platero, e o presidente de Correos, Javier Cuesta.
ALCALDÍA
Compostela conmemora o 25 de abril cun amplo programa de actividades
A tenente de alcalde, María Rozas, presentou este luns o amplo programa de actividades co que o Concello de Santiago e a Asociación José Afonso en Galicia, queren celebrar o 25 de abril. Na rolda estivo o presidente da entidade, Xulio Villaverde.
ACCIÓN CULTURAL
A cidade celebrará o Día da Danza con espectáculos, concertos e obradoiros
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou este luns o catálogo de actividades coas que o Concello de Santiago celebrará o Día Internacional da Danza. Dous obradoiros e cinco espectáculos que se ofrecerán do 26 de abril ao 5 de maio no Teatro Principal, o Auditorio de Galicia e o Centro Xove da Almáciga. Na rolda de prensa participaron tamén responsables das entidades e asociacións que colaboran neste programa de actividades, como o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o...
ACCIÓN CULTURAL
Continúan os obradoiros de empoderamento das mulleres do rural con novas sesións nas parroquias de Laraño, Lavacolla e Grixoa
O vindeiro mércores, 25 de abril, comezan novas quendas do programa para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres do rural, cunha sesión no Centro Sociocultural de Laraño de 18:00 a 19:30 horas. O venres tamén arrincarán na parroquia de Lavacolla, co mesmo horario, e o sábado farano en Grixoa, en horario de 17:00 a 18:30 horas. Os obradoiros rematarán a mediados do mes de abril.