CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu tradicional concerto da noite de Reis baixo a batuta do director francés Diego Masson
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto da noite de Reis. A cita será este venres, 5 de xaneiro, ás 21:30 horas no Auditorio de Galicia. O ensaio xeral, que terá lugar o propio venres ás 11:00 horas, estará aberto ao público, que poderá asistir de forma gratuíta.
ACCIÓN CULTURAL E CONVIVENCIA
Os Reis Magos chegan á Estación do Tren ás 17:25 h e percorrerán as principais rúas de Compostela
Os concelleiros de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e de Convivencia, Xan Duro, deron conta esta mañá dos detalles da Cabalgata de Reis, que percorrerá durante a tarde de mañá venres as rúas de Compostela. Nesta edición, o tema principal é "A maxia das lendas" e na comitiva participarán unhas 450 persoas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Cinco entidades da cidade traballan a diversidade a través da radio comunitaria
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá os detalles do proxecto de radio comunitaria posto en marcha polo Concello a través da UMAD. Na rolda estivo acompañada de Ramón Molina, educador social e promotor do programa, así como por integrantes de Down Compostela e do IES Eduardo Pondal, participantes no proxecto.
NADAL
Última oportunidade para visitar o Belén de San Fiz e a mostra "Pasearte"
A Cabalgata de Reis de Compostela é, sen dúbida, a gran protagonista da programación de Nadal na xornada do venres 5 de xaneiro. Por outra banda, o Belén de San Fiz abre as súas portas por derradeira vez, e tamén chega ao seu fin a mostra Pasearte.