DEPORTE
Case 1.500 alumnos e alumnas de 11 centros participaron na campaña "Ven coñecer o Squash"
A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou esta mañá a última xornada da actividade "Ven coñecer o squash", organizada polo Concello de Santiago e a Federación Galega de Squash co obxectivo de visibilizar este deporte nas aulas de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de renovación da rúa Batalla de Clavijo e a súa contorna
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os dous proxectos nos que se dividirá a renovación de viarios e beirarrúas na rúa Batalla de Clavijo e anexas, e que suporán un investimento de case un millón de euros. A primeira fase da actuación será cofinanciada con fondos europeos, con cargo EDUSI. O alcalde, Martiño Noriega, salientou que esta actuación "responde a unha demanda histórica da veciñanza e mellorará sensiblemente o benestar da poboación do ámbito"
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o potencial investigador de Santiago na inauguración do III Simposio de Biopsia Líquida
Máis de 300 investigadores e oncólogos médicos expertos en medicina de precisión danse cita esta semana en Santiago, no III Simposio de Biopsia. O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá na inauguración do evento, organizado polo Grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Hospital Clínico, ONCOMET.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará preto de 600.000 euros á rexeneración do viario Ponte Marzán-Cruceiro de Sar
A Xunta de Goberno iniciou hoxe o procedemento de licitación das obras de rexeneración do pavimento da calzada das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar. Nestas obras vanse investir máis de 585.000 euros.