COMERCIO
Arranca a segunda edición do programa de dinamización comercial "Con B de Barrio"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe unha nova edición do programa Con B de Barrio, para a dinamización do pequeno comercio. O obxectivo desta iniciativa pasa por apoiar, dinamizar e estimular o pequeno comercio de barrio. Na rolda estivo acompañada de Ángel González, de Edan Xestión.
POLÍTICAS SOCIAIS
Entregados os diplomas do programa "Compostela Convive" de inclusión social
O edificio Cersia acolleu a entrega de diplomas do programa Compostela Convive de inclusión social, que organiza a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde. Foron seis as persoas que recibiron este recoñecemento de mans da concelleira Concha Fernández e do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández.
PLENO
Aprobado o estudo de detalle que permitirá construír un aparcadoiro nas proximidades do Hospital Clínico
O Pleno da Corporación aprobou este xoves, por unanimidade, unha proposta do Goberno para o cambio na ordenanza de usos dunha parcela municipal situada no contorno do Hospital Clínico, que permitirá construír neste ámbito un novo aparcadoiro público. A proposta, que xa non se debateu por acordo da Xunta de Voceiros, súmase a outra modificación xa tramitada para que as parcelas do grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola volvan ter uso residencial, unha vez desbotada a posibilidade de que a nova Facultade de Medicina se constrúa...
ESPAZOS CIDADÁNS
Jorge Duarte confía en que as obras de reforma da avenida de Vilagarcía comecen despois do verán
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe o proxecto reformado da repavimentación da avenida de Vilagarcía, que sairá a licitación nas próximas semanas cun orzamento de case medio millón de euros. Jorge Duarte sinalou que as previsións apuntan a que estas obras poidan arrancar despois do verán.
CULTURA E PATRIMONIO
Santiago acollerá o 29 de abril un concerto do IV ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España"
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu na sede da Fundación Albéniz, en Madrid, á renovación do convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz/Escuela de Música Reina Sofía e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. No acto interviñeron a presidenta da Fundación Albéniz, Paloma O’Shea; o presidente da Comisión de Cultura do Grupo e alcalde de Cuenca, Ángel Mariscal; e o alcalde de Ávila, José Luis Rivas. Asistiron...
TURISMO
O domingo remata o prazo para que restaurantes e cafeterías se inscriban en Santiago Paixón Doce
A segunda edición de Santiago Paixón Doce, programa gastronómico que naceu no 2016 baixo a marca de Compostela Gastronómica coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade, celebrarase este ano do 7 ao 17 de abril, coincidindo coa Semana Santa.
CONVIVENCIA
Un pequeno incendio obrigou a pechar hoxe as oficinas de Tesourería do Concello
Un pequeno incendio rexistrado esta madrugada obrigou a pechar hoxe as oficinas municipais de Tesourería, na rúa Galeras. Por este motivo, o Concello tivo que anular todas as citas de atención tributaria que estaban fixadas para este xoves.
PLENO
A Corporación compostelá reivindica unha Lei Galega de Identidade de Xénero
A Corporación compostelá aprobou hoxe unha declaración institucional, na que mostra o seu apoio á aprobación dunha norma legal que regule a identidade de xénero en Galicia.