XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda a construción dun novo parque infantil en Meixonfrío
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta hoxe dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local deste venres. Entre os acordos destaca a adxudicación do contrato para a instalación dunha área de xogos infantil no barrio de Meixonfrío.
TURISMO
A II edición de "Santiago Paixón Doce" celebrarase do 7 ao 17 de abril
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, presentaron no Pazo de Raxoi a segunda edición de Santiago Paixón Doce, programa gastronómico que naceu no 2016 baixo a marca de Compostela Gastronómica coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade, moi especialmente durante a Semana Santa.
LINGUA
O equipo do IES da Pontepedriña gaña a fase zonal do Club de Debate e estará na final galega do 6 de maio en Santa Marta
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este venres a fase de zona do Club de Debate. O equipo do IES da Pontepedriña e o grupo número 1 do IES de Bertamiráns foron os dous gañadores desta xornada e pasan á final galega, que se celebrará o sábado 6 de maio no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago.