ALCALDÍA
Alcalde e deán constatan o crecente fenómeno da peregrinación a Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co deán da Catedral, Segundo Pérez. Na xuntanza, cualificada como "cordial" por ambos, abordáronse cuestións como a acollida de peregrinos ou as obras da Catedral.
ALCALDÍA
Primeira toma de contacto do alcalde coa Asociación Hostalería Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cunha representación da Asociación Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos (Hospedaxe) e José Antonio Riveiro (Restauración).
ACCIÓN CULTURAL
Continúan as actividades de Vive o Verán
Nova semana de actividades no programa sociocultural Vive o verán. Este martes, os 120 rapaces e rapazas que participan nas Mañás de verán e de xogo realizan un tramo do Camiño de Santiago nos arredores de Padrón.
ACCIÓN CULTURAL
Alba María no arrinque do Artellando
A cantante compostelá Alba María protagonizará o concerto nocturno de arrinque da programación Artellando, enmarcada dentro das Festas do Apóstolo 2015. Será este sábado 18 de xullo, ás 23:00 horas, na praza do Toural.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia supera o milleiro de seguidores en Twitter e acada os 2.632 fans en Facebook
A Real Filharmonía de Galicia acaba de superar o milleiro de seguidores en Twitter. A día de hoxe xa alcanzou os 1.021. Creada en abril de 2012, a conta @rfgalicia triplicou no último ano e medio o número de seareiros. Nela publícase información relacionada cos concertos e actividades da orquestra, imaxes, noticias de interese cultural, enlaces a vídeos, etc.
ACCIÓN CULTURAL
Fuoco e Cenere clausuran o Via Stellae 2015
A 10ª edición do Via Stellae chega este mércores ao seu fin cun concerto de Fuoco e Cenere ás 20:30 horas no Teatro Principal. Organizado e promovido polo Concello de Santiago e pola Xunta de Galicia, o Festival Via Stellae encheu de música Compostela, o seu casco histórico, durante máis de dúas semanas. Un total de 19 concertos dende o 29 de xuño que chegan ao seu fin con este concerto de Fuoco e Cenere.
ESPAZOS CIDADÁNS
O concelleiro de Espazos Cidadáns informará mañá aos veciños de Vista Alegre dos cambios introducidos nas obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade do barrio
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, manterá mañá mércores unha xuntanza coa Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro, de Vista Alegre. A cita terá lugar no seu local social ás 20:00 horas.