CULTURA

Tortoise debuta en Galicia dentro de Sons

08/05/2012

Dende Chicago chegan Tortoise para debutar en Galicia dentro do ciclo Sons 2012. Será o sábado 12 de maio cando poderemos escoitar en directo o post-rock desta formación no Auditorio de Galicia.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde e o delegado do Goberno constatan os avances producidos tras a reactivación da Xunta Local de Seguridade

08/05/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. No encontro, repasaron a situación actual das obras do Estado pendentes na cidade e do funcionamento da Xunta Local de Seguridade. A continuación, o alcalde reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, ao que lle manifestou a necesidade de reactivar o paralizado novo edificio do Parque de Bombeiros.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O barrio de Vite celebra o Día de Europa coa promoción do envellecemento activo

08/05/2012

Con motivo do Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeneracional, o Equipo de Dinamización Urbana Santiago Norte-SS.SS, coa colaboración do Centro Socicultural José Saramago de Vite, desenvolverá o mércores 9, dende ás 19:00 horas, unha actividade interxeracional baixo o título Facemos Europa. A acción, que se celebrará no devandito CSC, consistirá na elaboración e degustación de doces decorados polos e polas propias participantes coas bandeiras da Unión Europea e dos...

Leer más

CULTURA

Paul Lewis pecha o IV Ciclo Ángel Brage

08/05/2012

Paul Lewis pecha a IV edición do Ciclo de Piano Ángel Brage cun concerto no Auditorio de Galicia o venres 11 de maio ás 21:00 horas. Antes del, neste ciclo, patrocinado por Eduardo Beiras, Castrosúa, Egasa, Fundación Araguaney e Televés, puidemos escoitar no Auditorio a Ingolf Wunder e a Emanuel Ax. As entradas para o concerto de Lewis, a 15 €, 7,5 € para estudantes e xubilados, están á venda na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) e en Novagaliciabanco. Ademais, tamén...

Leer más
Compartir: