XUVENTUDE

"MúsicaXove" enfrontará a seis de grupos de metal, pop-rock e outras músicas de Santiago, Vigo, Pontevedra e Noia

05/05/2011

O cuarto certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude e Festas, xa ten seleccionados aos seus participantes, seis grupos elixidos entre as 37 propostas iniciais de toda Galicia, tres deles de Santiago. A gran final, que se celebrará o venres 6 na Sala Capitol, con entrada gratuíta, foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro.

Leer más

CONSORCIO

Vegalsa-Eroski asina o acordo polo que se converte nun dos patrocinadores do 800 aniversario da Catedral de Santiago

05/05/2011

O presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, asinaron o acordo polo cal a empresa pasa a ser patrocinadora do 800 aniversario da Catedral de Santiago. Vegalsa colaborará nos diferentes actos programados con motivo da efeméride e no plan de obras de restauración que se realizarán na Catedral e que están contempladas no seu Plan Director.

Leer más

URBANA SANTIAGO NORTE

Trinta e catro veciños das vivendas de protección social de Salgueiriños participaron nun obradoiro de convivencia

05/05/2011

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais desenvolveu os pasados 26 e 28 de abril os obradoiros Nova Vivenda – Nova Vida, destinado á veciñanza das vivendas de protección social de recente adxudicación no barrio de Salgueiriños. Nestes obradoiros, celebrados na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), participaron 34 persoas.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Novas actuacións e agasallos no marco da campaña "Divírtete mercando!"

05/05/2011

Seguen as actividades da campaña Divírtete mercando! De compras e algo máis...participa na primavera do Ensanche, organizada pola Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Fundación Santiago Centro. O venres 6 e o sábado 7 haberá novas actuacións nas rúas Ramón Cabanillas e Xeneral Pardiñas. O obxectivo desta campaña é dinamizar as rúas e as compras no Ensanche a través de espectáculos e agasallos directos.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Máis de 100 persoas inscritas na xornada "Boas prácticas en atención temperá"

05/05/2011

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, anunciou que xa hai máis de 100 persoas inscritas na xornada Boas prácticas en atención temperá, que se celebrará o sábado 7 de maio no Cersia, dentro da campaña divulgativa da atención temperá, que se complementa cunha exposición en Área Central e unha xornada informativa no Cersia. Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Leer más

CULTURA

Uxío Broullón, gañador do deseño da imaxe da VIII edición de Curtocircuíto, recibirá o premio na inauguración do Festival

05/05/2011

O venres 6, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, inaugúrase o Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, na súa xa VIII edición. Ao acto asistirán tanto unha representación da organización do Festival e da Concellería de Cultura como os responsables da produción do mesmo e da produtora Ficción Producciones, ademais do director do certame, Tim Redford.

Leer más

CONSORCIO

A beleza da Catedral en 123 fotografías

05/05/2011

Con motivo do 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago o Consorcio de Santiago decidiu traballar na elaboración dun libro conmemorativo que puxese en valor a enorme riqueza artística e histórica da Catedral de Santiago a través dunha escolma de textos divulgativos e unha ampla reportaxe fotográfica. Así naceu A Catedral de Santiago. Beleza e misterio, editado por Lunwerg Ediciones e con fotografías de Domi Mora, un dos mellores fotógrafos españois, especializado en traballos relacionados con...

Leer más
Compartir: