CIRCULACIÓN VIARIA

Ábrese o prazo para a solicitude de tarxetas de residentes no barrio de San Pedro

21/01/2011

Dende o luns 24 de xaneiro e ata o 12 de febreiro estará aberto o prazo de solicitude de tarxetas de residentes para os veciños do barrio de San Pedro, segundo anunciou en rolda de prensa a concelleira de Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano. Nesta área, serán 328 as prazas de residentes dispoñibles permanentemente, ademais doutras 88 libres de día e reservadas de noite. A maiores, quedarán 186 prazas de estacionamento libres.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde compostelán visitou Fitur

21/01/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou Fitur. No marco desta feira mantivo diversos contactos con axentes turísticos, entre eles con integrantes da empresa Ryanair, que presentaron a súa proposta para unha cuarta conexión internacional dende Lavacolla a unir ás de Frankfurt, Milán e Londres.

Leer más
Compartir: