ALCALDÍA
O Concello colaborará co Consello de Contas na busca dunhas instalacións máis amplas para institución
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz. No encontro falaron da necesidade da institución de atopar unhas instalacións máis amplas a medio prazo.
CULTURA
O Centro Coreográfico Galego presenta en Compostela "Giseliña", no marco do ciclo SCQ Danza
O Auditorio de Galicia acollerá o martes 10 de marzo, ás 21:00 horas e no marco do ciclo SCQ Danza, a presentación de Giseliña, de Cisco Aznar, representada polo Centro Coreográfico Galego (CCG). Doce bailaríns e bailarinas porán en escena estre traballo, que ten como referencia o ballet Giselle e a tradición popular galega.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social organiza unha xornada para promover unha rede comunitaria que combata a desigualdade social
Baixo o título "Redes de Iniciativa Social", a Concellería de Benestar Social organiza unha xornada formativa dirixida aos responsables e técnicos das entidades ou servizos que traballan no ámbito da inserción laboral e do voluntariado. Esta sesión didáctica celebrarase durante a mañá do mércores 11 de marzo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
TRANSPORTES
TUSSA pechou o 2008 cun balance de 115.000 pasaxeiros máis que en 2007
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). Na reunión presentouse o balance de 2008, ano que se pechou con 115.445 usuarios do transporte urbano máis que en 2007, o que supón un incremento do 1,49%.
COMERCIO
Compostela Outlet contará con actividades infantís e servizo de gardería
Compostela Outlet contará cun espazo infantil con capacidade para albergar 60 menores ao mesmo tempo, de entre 2 e 12 anos, coa finalidade de facilitar as compras ás familias que asistan á feira de saldos, que se celebrará o 14 e 15 de marzo no Recinto Feiral de Amio, en horario de dez da mañá a nove da noite.