ALCALDÍA
A estación intermodal terá capacidade para máis de oito millóns de viaxeiros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o contido do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para a construción da estación do AVE. É o primeiro paso para lograr unha estación intermodal que terá capacidade para máis de oito millóns de viaxeiros anuais.
XUNTA DE GOBERNO
Obras no Camiño e nos centros socioculturais para completar a participación do Concello no fondo estatal
A Xunta de Goberno deu o visto bo aos restantes seis proxectos de obras que se financiarán grazas ao Fondo Estatal de Inversión Local e que serán remitidos ao Ministerio de Administracións Públicas. Estes proxectos súmanse aos 27 que se aprobaran na anterior Xunta de Goberno.
BENESTAR SOCIAL
A Concellaría de Muller promove o curso "A saúde a través da arte"
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou esta mañá o curso A saúde a través da arte, que de desenvolverá no Centro Sociocultural de Fontiñas do 20 de xaneiro ao 10 de marzo. Este curso está destinado a aquelas mulleres que queiran vivir a arte como medio de expresión, crecemento e mellora persoal nun espazo aberto á participación e ao diálogo. A propia concelleira inaugurará estas sesións ás 19:30 horas en Fontiñas.
EDUCACIÓN
O Consello Municipal de Educación coñeceu a situación das escolas infantís en construción e o programa municipal de actividades
A sala circular do Auditorio de Galicia acolleu unha sesión ordinaria do Consello Municipal de Educación. Entre outras cuestións, os representantes educativos coñeceron de primeira man o estado das obras das dúas galescolas actualmente en construción, no Polígono do Tambre e en Tras Parlamento.
ALCALDÍA
Homenaxe a unha liña ferroviaria clave nas comunicacións de Galicia con Madrid
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolle a exposición "50 anos da liña de ferrocarril Zamora-Ourense-Santiago-A Coruña". A mostra quere resaltar así a efeméride dunha liña clave nas comunicacións ferroviarias entre Galicia e Madrid.