URBANISMO
Santiago debate sobre as cidades e o urbanismo
A alcaldesa en funcións, Mar Martín, asistiu hoxe ao acto de inauguración do II Foro internacional cidade, territorio e urbanismo, xunto co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, e a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride. Este encontro, organizado pola Xunta e o COAG, reunirá en Compostela os días 3,4 e 5 decembro a expertos urbanistas e arquitectos de recoñecido prestixo.
TURISMO
O Concello promocionará o tecido industrial da cidade a través da campaña "Santiago é Calidade"
A Concellaría de Promoción Económica desenvolverá no mes de decembro unha Campaña de promoción do tecido empresarial de Compostela baixo o lema "Santiago é Calidade". O obxectivo do departamento que dirixe Xosé Manuel Iglesias é pór de manifesto a calidade a variedade do tecido empresarial de Compostela, centrando a mensaxe na excelencia das diferentes compoñentes do sector empresarial de Santiago.
CONSORCIO
O Consorcio recupera a obra e a memoria do pintor Fenollera
A vida e obra de José Mª Fenollera foi recuperada polo seu neto Alfonso Fernández-Cid nun libro editado polo Consorcio de Santiago dentro da Biblioteca de Divulgación Xacobea, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. Trátase da recuperación vital e artística dun dos pintores máis representativos da sociedade Compostelá de finais do século XIX. O acto de presentación estivo presidido pola alcaldesa en funcións, Mar Martín.
REHABILITACIÓN
A OCiHR inicia unha campaña para informar aos veciños de Compostela sobre os programas de axudas á rehabilitación
Esta mañá a concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago, Olga Pedreira, presentou en rolda de prensa o material informativo, que ven de editar o seu departamento, para comunicar as axudas á rehabilitación que se xestionan desde a OCiHR (Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación). Pedreira sinalou que "conservar o patrimonio compostelán é un dos retos principais que temos desde a Concellaría de Cidade Histórica e Rehabilitación" e para isto "estamos priorizando o...
ALCALDÍA
A Fiscalía dá traslado á Audiencia Nacional para incoar o expediente sobre a Festa da Liberdade
Despois de que o Concello de Santiago de Compostela puxera en coñecemento da Fiscalía de Santiago a celebración da Festa da Liberdade na Sala Nasa, a Fiscalía considera que as competencias para decidir sobre esta suposta homenaxe a dous terroristas condenados e recentemente postos en liberdade, correspóndenlle á Audiencia Nacional.