TRANSPORTES
Os aparcadoiros de Xoán XXIII e Belvís lanzan a tarxeta "aparcafácil"
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, fixo balance dos resultados dos aparcadoiros xestionados por Tussa en 2007 e anunciou as novidades para o ano 2008. Entre estas destaca a implantación dunha tarxeta "aparcafácil", que permitirá aos usuarios adquirir horas e minutos de estacionamento cun 10% de balde, tanto no aparcadoiro de Xoán XXIII como no de Belvís.
URBANISMO
Aprobado inicialmente o proxecto de reparcelación de Formarís
A Xunta de Goberno deu o visto bo inicial ao proxecto de reparcelación do Sunp-38, en Formarís. Este solo industrial ocupa unha superficie total de 279.390 metros cadrados.
MERCADOS
A inminente sinatura do convenio con Vivenda e coa Xunta permitirá iniciar as obras da praza de Abastos
A Xunta de Goberno deu conta da concesión ao Concello dunha subvención de 150.000 euros, outorgada pola Dirección Xeral de Comercio, para a remodelación da praza de Abastos. En concreto, a axuda destinarase fundamentalmente ao acondicionamento de varios postos de venda no recinto.
ALCALDÍA
Compostela, un modelo urbano para Santiago de Cuba
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao conservador oficial de Santiago de Cuba, Omar López, de visita en Compostela para pronunciar unha conferencia. Na xuntanza, falaron de rehabilitación e asentaron uns vínculos xa antigos entre as dúas cidades.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de Fontiñas inaugura a exposición "Personaxes e paisaxes"
A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta Personaxes e paisaxes, unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.
CULTURA
Cultura presenta a xira "De cerca... Chenoa" no Teatro Principal
A xira "De cerca... Chenoa" fará unha parada no Teatro Principal o luns 21 de xaneiro, ás 21:00 horas. Será un encontro especial, organizado pola concellaría de Cultura en colaboración con Cadena 100. As entradas para acceder de balde, con convite, poderanse recoller nas taquillas do Principal a partir do xoves 17, pola tarde.
TURISMO
O Forum Gastronómico Santiago 08 busca a mellor pulpería galega
Co obxectivo incentivar e premiar os coñecementos e habilidades das pulpeiras e pulpeiros profesionais de Galicia na elaboración e servizo do Polbo á Feira, Forum Gastronómico e INCOLSA convocan o I Concurso de Pulpeiras Fórum Gastronómico Santiago. O certame é un dos actos previstos dentro do programa de actividades do evento, que se celebrará en Compostela do 16 ao 20 de febreiro.