PARQUES E XARDÍNS
O Parque da Constitución será tamén un espazo deportivo
O Concello investirá 58.000 euros no acondicionamento para a posterior instalación de novo material para o Parque da Constitución, que se une ao espazo infantil xa existente. Este novo equipamento está composto por elementos deportivos e de xogo.
BENESTAR SOCIAL
O servizo de axuda no fogar esténdese a domingos e festivos
O Concello de Santiago decidiu facer unha forte aposta polo servizo de axuda no fogar neste ano 2007. Nesta liña está a ampliación deste servizo, que está tendo unha importante acollida, aos domingos e festivos.
URBANISMO
Aprobadas as obras de urbanización dunha unidade con 48 vivendas en Santas Mariñas
A Xunta de Goberno ratificou o prego e o inicio do expediente de contratación das obras de urbanización da unidade de xestión 16 en Santas Mariñas. Estableceuse un tipo de licitación de 1.262.169 euros para este espazo, situado entre a rúa de Picaños e a propia rúa de Santas Mariñas.
EDUCACIÓN
Prepárase o proxecto da quinta escola infantil municipal
O Goberno local deu o visto bo á contratación da redacción do proxecto para a Escola Infantil Municipal de Tras Parlamento, por un importe de 26.260 euros. Esta será a quinta escola que se poña en marcha na cidade, unha vez que na Xunta de Goberno do 19 de marzo se ratificara o proxecto da cuarta, a prevista para o Polígono do Tambre.
DEPORTES
Convocatoria de subvencións para escolas deportivas
A Concellaría de Deportes destinará 35.000 euros para concesión de subvencións para as escolas deportivas da cidade. A Xunta de Goberno aprobou as bases destas axudas, destinadas a centros públicos ou concertados de ensino primario.
ASCENSIÓN 2007
Nova cita co tradicional concurso cabalar das Festas da Ascensión
O Concello investirá 14.116 euros nunha nova edición da feira cabalar das Festas da Ascensión. O certame contará de novo con diversos concursos e cunha escola destinada aos máis pequenos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 600 alumnos asistirán á actividade "Aprende mercando"
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, inauguraron na Fundación Torrente Ballester e no Centro Sociocultural do Ensanche a actividade "Aprende Mercando", incluída no programa de dinamización comercial "Marzo, mes do comercio". Trátase dun proxecto educativo ao que asistirán 610 alumnos de diferentes colexios de Santiago, que ten como obxectivo iniciar aos máis pequenos no consumo responsable e en roles educativos vinculados ao acto de compra....