CULTURA
Jane Birkin tivo unha cita con Compostela
Jane Birkin recibiu o Premio Cineuropa nun acto celebrado no Salón Nobre da Casa do Concello. É o terceiro dos galardóns que se outorga nesta edición do Festival e un broche de ouro para outra exitosa convocatoria. Horas despois, a actriz, directora e cantante ofreceu un concerto que pechou un novo ciclo de Sons da Diversidade.
VIVENDA
O desenvolvemento do sur da cidade irá acompañado dun novo centro de saúde e dun complexo polideportivo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o novo polígono Sup-6 de Santa Marta, onde se están a construír 821 vivendas libres. As primeiras destas vivendas serán en breve entregadas aos seus novos propietarios. Ademais, aproveitou o acto para anunciar que nesta lexislatura a zona sur contará cun novo centro de saúde e cun complexo polideportivo.
ALCALDÍA
O alcalde será o delegado rexio na Ofrenda de Traslación
Segundo lle comunicou a Casa Real ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, el mesmo será o delegado rexio no acto da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo.
ALCALDÍA
Homenaxe ao labor en prol da igualdade de 21 mulleres galegas
O Teatro Principal acolleu a celebración do acto ao acto "21 mulleres galegas, 21 historias cotiás", organizado pola Fundación Iniciativas 21. No mesmo distinguiuse o labor profesional e esforzo persoal dunha serie de mulleres galegas.