MEDIO AMBIENTE

O Concello limpará as faixas de especial protección forestal das parroquias rurais

22/01/2007

O Concello realizará traballos de prevención fronte aos incendios forestais nas parroquias nas áreas rurais de Compostela, en virtude do convenio que asinará coa Consellería de Medio Rural. Deste xeito, realizaranse desbroces selectivos na faixas de especial protección e o departamento autonómico achegará, para o desenvolvemento destas tarefas, un máximo de 34.875 euros.

Leer más

DEPORTES

O campo de Santa Isabel afronta a reforma dos seus vestiarios

22/01/2007

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto básico e de execución das obras de reforma do campo de fútbol Santa Isabel (2ª fase), en cuxa execución se investirán 368.290 euros. As obras afectarán fundamentalmente á ampliación e mellora dos vestiarios, unha vez cambiado o céspede na anterior fase.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Concello e ASPAS amplían a súa colaboración

22/01/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), Marcelo de la Cruz. Ámbolos dous falaron dos proxectos en marcha nos que participa o Concello e doutros futuros nos que tamén haberá colaboración municipal.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

"De compras por Compostela" amosará a ollada dos fotógrafos Caruncho e Herbello sobre o comercio compostelán

22/01/2007

Os fotógrafos Fran Herbello e José Caruncho plasmarán en 20 instantáneas o dinamismo do comercio compostelán. As fotos poderanse ver na exposición "De compras por Compostela", incluída nas actividades de "Marzo, mes do comercio", promovido pola Concellaría de Promoción Económica. Hervello e Caruncho foron propostos por Manuel Sendón, profesor de fotografía da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e director, xunto a X. L. Suárez, das coleccións do Centro de Estudos...

Leer más

URBANISMO

Adxudicadas as obras para o acondicionamento das novas oficinas de Emuvissa

22/01/2007

O Consello de Administración de Emuvissa aprobou, en sesión extraordinaria, a adxudicación á empresa Construcciones La Rosaleda S.L. das obras do "Proxecto básico e de execución para acondicionar o local en planta baixa e planta primeira para locais do Concello". Os locais, situados na rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, destinaranse ás novas oficinas de Emuvissa. As obras aprobáronse polo prezo ofertado de 322.890,20 euros e teñen un prazo de execución de catro meses.

Leer más
Compartir: