INFRAESTRUTURAS

En marcha novas redes de subministro e a remodelación de varias rúas da cidade

07/09/2006

A Concellaría de Infraestruturas está a traballar actualmente na creación dunha rede de subministro de auga entre Son de Abaixo e A Grixoa para subministrar auga aos veciños da zona. O custo das obras é de 205.000 en A Grixoa e de 60.000 en Son de Abaixo. Así mesmo, proximamente levarase a cabo o asfaltado con aglomerado en quente entre estas dúas zonas, que conleva uns gastos de 60.000 euros.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

Un grupo de expertos debate en Santiago sobre os grandes proxectos da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal para os vindeiros sete anos

07/09/2006

O grupo de expertos que está a elaborar o documento "Sete ideas para sete anos decisivos" reuniuse en Santiago. O alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu a esta xuntanza, na que se avanzou na concreción dos Segundos Estudos Estratéxicos desta asociación transfronteiriza.

Leer más

TURISMO

Agosto confirma o bo momento do turismo en Compostela e o peso cada vez maior dos visitantes estranxeiros

07/09/2006

Compostela está a rexistrar un verán "excelente" dende o punto de vista turístico, segundo indicou o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, na presentación dos datos correspondentes ao mes de agosto. A presenza estranxeira ten cada vez máis peso, como o demostra o feito de que, no pasado mes, os turistas doutros países representaron un 37% do total, fronte ao 31% do mesmo período en 2004. En liñas xerais, agosto volveu a deixar resultados satisfactorios tanto no número de consultas como no de pernoctacións.

Leer más

INCENDIOS

O Concello realizará unha nova medición para zanxar a polémica sobre as hectáreas queimadas

07/09/2006

Os técnicos municipais realizarán unha nova medición das hectáreas queimadas durante a vaga de incendios deste verán para zanxar definitivamente a polémica aberta en días pasados. Así o anunciaba o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, durante a visita que fixo a Vidán, unha das áreas nas que o Concello está a intervir de emerxencia para evitar a erosión do solo e para impedir que o arrastre dos restos orgánicos carbonizados poidan chegar ao cauce do río Sarela.

Leer más
Compartir: