PROMOCIÓN ECONÓMICA

O recinto feiral de Amio acollerá unha nova edición de Galicia Ornamental, a feira de planta ornamental máis importante do noroeste peninsular

04/09/2006

Un ano máis o recinto feiral de Amio será a sede de Galicia Ornamental, un conxunto de eventos organizados pola Asociación Galega de Produtores de Plantas Ornamentais (ASPROGA), e que compoñen o máis importante certame deste sector dos que se celebran no noroeste peninsular. A feira, que conta coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, desenvolverase entre os días 8 e 10 de setembro.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Apróbase o proxecto definitivo de remodelación da Praza de Abastos

04/09/2006

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto técnico definitivo de remodelación da Praza de Abastos, que ten un rozamento de 5,1 millóns de euros. Este proxecto, obra de Francisco Vidal, fora modificado a raíz das catas realizadas, nas que se descubriron restos arqueolóxicos, aínda que o cambio mantén as liñas orixinarias.

Leer más

LIMPEZA

O servizo de limpeza do Concello, a pleno rendemento

04/09/2006

A situación de emerxencia que viviu a cidade de Santiago durante a vaga de incendios do pasado mes de agosto fixo que o Concello decidise poñer a disposición do operativo especial de extinción dos lumes as 2 cisternas da empresa Urbaser que habitualmente se destinan á limpeza das rúas da cidade. Sen embargo, non se descoidou a limpeza de ningunha das zonas do Concello, segundo salientou a Concellaría de Medio Ambiente, e menos a do Casco Histórico, área á que se lle presta especial atención por contar cunha presenza...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde de Santiago recibe aos representantes rexionais de El Corte Inglés

04/09/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos representantes rexionais de El Corte Inglés. O encontro serviu para despedir ao director rexional saínte, Ángel Vaca Cabrera, e para darlle a benvida ao novo, Ricardo Cabrera de la Cruz. Na reunión tamén participaron o director de Hipercor en Santiago, Manuel Guitián, e o xefe de relacións públicas do mesmo, José Manuel Blanco.

Leer más

INMIGRACIÓN

Os nenos e nenas inmigrantes intégranse nas actividades socioculturais da cidade

04/09/2006

Rapaces e rapazas de 3 a 12 anos orixinarios de países coma Uruguai, Arxentina ou Romanía seguen a participar no Programa de integración dos/as nenos/as inmigrantes nas actividades socioculturais. Tralas actividades realizadas nos meses de xuño, xullo e agosto, a iniciativa prolongarase ata o vindeiro 22 de setembro. O luns 4, os rapaces realizaron unha visita ao parque de Bombeiros e en breve realizarán unha á Casa do Concello.

Leer más
Compartir: