TURISMO

Santiago de Compostela converterase no centro do turismo urbano e cultural

25/09/2006

A capital galega acollerá os días 27, 28 e 29 de setembro o Foro Profesional de Turismo Urbano e Cultural, co propósito de crear un lugar de intercambio de opinións e experiencias entre os principais profesionais do sector turístico español. Con esta iniciativa, Santiago colócase no punto de mira dos principais xestores turísticos nacionais, que durante tres días reuniranse para celebrar o Día Mundial del Turismo.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O alcalde de Santiago destaca o "momento óptimo" para que Galicia e América Latina establezan relacións e intercambios tecnolóxicos

25/09/2006

O Auditorio de Galicia acolleu a inauguración oficial da rolda de negocios que, ata o mércores 27, manterán representantes de empresas latinoamericanas con empresarios composteláns e do resto de Galicia. Neste encontro participan 22 empresas e entidades sectoriais de oito países latinoamericanos, así como outras 50 empresas compostelás e do resto de Galicia.

Leer más

EMIGRACIÓN

Teresa Regúlez falou de regularizacións co ministro de Relacións Exteriores de Uruguai

25/09/2006

Na terceira e última xornada da súa visita a Uruguai, a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, reuniuse co ministro de Relacións Exteriores deste país, Reinaldo Gargano. Na xuntanza falouse de regularizacións e, en concreto, dos formularios presentados voluntariamente, pero fóra de prazo, por cidadáns uruguaios para a regularización da súa situación en España.

Leer más

CULTURA

"El florido pensil" regresa a Compostela sete anos despois

25/09/2006

O segundo semestre de Teatro en Xira 2006 ábrese coa representación de "El florido pensil", de Andrés Sopeña, a cargo da compañía vasca Tanttaka Teatroa. Despois de pasar xa en 1999, volve a Santiago esta obra, que xa leva 10 anos en cartel e que en febreiro deste ano abriu unha nova etapa. A cita é o martes 26 e o mércores 27, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello pon a disposición de Fomento os terreos para o cuarto xiro de Cornes

25/09/2006

Os terreos para a construción do chamado cuarto xiro de Cornes estarán en breve a disposición do Ministerio de Fomento, trala aprobación da cesión dos mesmos pola Xunta de Goberno local. Esta actuación aliviará a confluencia do tráfico na rotonda de Galuresa e posibilitará que os vehículos procedentes de Ourense poidan circular cara Conxo sen necesidade de circular pola Pontepedriña. O xiro dende a SC-II (Cornes-Castiñeiro) cara o novo acceso a Santiago da SC-20 (Cornes-Choupana), ten un custo estimado en 2,5...

Leer más
Compartir: