CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Consello de Centros Socioculturais celebrou unha nova xuntanza

15/09/2006

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presidiu o Consello, que se reuniu no novo centro sociocultural e xuvenil do Ensanche (Rúa Frai Rosendo Salvado, nº 14-16). Na xuntanza debatéronse as propostas para actividades do último trimestre do 2006, así como as prioridades nas actuacións das programacións en cada centro e as propostas para o orzamento do 2007.

Leer más

CULTURA

Chegan dende Uruguai os ritmos do Tango

15/09/2006

Dende Uruguai chega a Compostela "Tango Uy", un espectáculo musical e visual arredor do tango neste país. O evento celebrarase o luns 18 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal e consistirá nunha mostra pictórica e no concerto de doce novos talentos do Sistema de Orquestras Infantís e Xuvenís de Uruguai. É a única actuación en Galicia e a primeira dunha xira que os levará por outros lugares de España e por Portugal, Francia e Estados Unidos.

Leer más

CULTURA

Última oportunidade parar ver o "Tío Vania" de Chejov

15/09/2006

Despois dun ano de xira, chega ás súas dúas últimas representacións o "Tío Vania" da Factoría Teatro. O Teatro Principal será o escenario da despedida desta obra universal, que acadou éxitos por toda Galicia e multitude de premios. As dúas citas son o sábado 16 e o domingo 17, ás 21:00 horas.

Leer más

ALCALDÍA

Importantes avances no desenvolvemento dos convenios de infraestruturas e de construción da estación do AVE asinados con Fomento

15/09/2006

As reunións que mantivo na mañá do venres 15 en Madrid o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, co director xeral de Ferrocarrís, Luís de Santiago e co secretario de estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, permitiron avaliar o estado tanto do convenio de travesías asinado con Fomento, coma do documento para a construción da estación do AVE. Ademais establecéronse as datas para varias obras, deste xeito, sacarase a licitación o cuarto xiro de Cornes antes de final de ano, o...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA E MEDIOAMBIENTE

"Compostela Natural", un obradoiro de emprego para recuperar as ribeiras do Sarela

15/09/2006

Os concelleiros de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, e de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentaron o obradoiro de emprego "Compostela Natural", un proxecto que lle acaba de entregar á Consellería de Traballo para o seu financiamento. Esta iniciativa divídese en dúas as súas liñas de actuación; por unha banda, a rexeneración das ribeiras do río Sarela; e pola outra, a construción dun albergue cabalar no monte do Gozo.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rocha homenaxea a Luciano García Alén

15/09/2006

Con motivo da celebración da II Semana Cultural da Rocha, este barrio renderá homenaxe a Luciano García Alén e á súa dona, María García Ayuso, en recoñecemento ao seu labor social e cultural no barrio da Rocha Vella. Os actos centrais celebraranse o venres 22 e consistirán na inauguración dunha escultura sobre o conto de "O Castelo da Rocha Vella" e na estrea dunha peza musical inspirada nesta historia infantil.

Leer más

CURTOCIRCUÍTO

Unhas 300 persoas asistiron na Praza de Abastos á proxección das mellores curtas galegas de 2005

15/09/2006

A Praza de Abastos goreceu da choiva aos asistentes á proxección das mellores curtas de galegas de 2005. A novena proxección semanal de CurtoCircuíto na Rúa, comezou coa música de Dj Mestre Pi, que abriu a noite cunha sesión pre-curtas co mellor do rap, do hip-hop e clásicos de artistas estatais e internacionais do xénero, reunindo a varios incondicionais arredor da súa mesa.

Leer más
Compartir: