CULTURA

Chega a Compostela a mellor música electrónica do momento

18/08/2006

Electro Sonx chega a Compostela cos mellores ritmos electrónicos. O sábado 19 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza da Música (ao carón do Auditorio) acollerá a actuación de DJ Maral Salmassi, Wagon Cooking, Alcohol Jazz, DJ Telephunken, DJ Grobas, DJ Darkrow e o Colectivo Oruga. Unha posibilidade para que todos e todas poidan gozar con algúns dos artistas que trunfan nos certames máis prestixiosos e actuais. A entrada é libre.

Leer más
Compartir: