CULTURA

Autarquía musical e jazz apaixoado para a terceira xornada de "Feitoamán"

15/08/2006

"Feitoamán" engádese á ampla oferta musical da cidade para o mes de agosto. As rúas e prazas da cidade histórica son escenario da actuación de dez formacións ata o 3 de setembro. O evento, organizado pola Concellería de Cultura e pola Asociación Cultural de Cidade Vella, contará o mércores 16 coas actuacións dos Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers e do Xacobe Martínez Antelo Quinteto.

Leer más
Compartir: