TURISMO

Curtocircuíto’06 integra nas súas actividades un concurso de fotografía dixital

13/07/2006

Curtocircuíto’06, o Festival Internacional de Curtas que se celebra en Santiago, integra no seu programa un Concurso de fotografía dixital. O xoves 20 de xullo, data na que comezan as proxeccións de "Curtocircuíto na rúa", ábrese o concurso, que ten fixado o 24 de outubro coma o último de recepción de fotografías. A temática deberá centrarse nas propias actividades do Festival.

Leer más

CONSORCIO

O antigo Banco de España reabre as súas portas cunha exposición sobre a vida nos conventos de clausura

13/07/2006

Para celebrar o décimo quinto aniversario da fundación do Real Patronato, o Consorcio e o Concello de Santiago abren unha exposición singular e única, "Intramuros", no emblemático edificio do Banco de España, na Praza de Praterías. A mostra, que recrea a vida relixiosa e a arte nos conventos de clausura de Santiago de Compostela, e a primeira que ofrece unha visión da clausura dende unha perspectiva global. Atende non só a aqueles aspectos relacionados coa espiritualidade, vida de oración e traballo das...

Leer más

URBANISMO

Os promotores coinciden co alcalde na necesidade de aprobar o PXOM antes de que remate o verán

13/07/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, continúa coa súa rolda de contactos cos distintos colectivos cidadáns para explicarlles o estado actual da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Nesta ocasión tocoulle o turno aos promotores urbanísticos, que coincidiron co alcalde na conveniencia de que o Plan estea listo antes de que remate o verán.

Leer más

CULTURA

"O ladrón de bonecas": a esencia da felicidade está en Compostela

13/07/2006

O Teatro Principal acolle a estrea da curtametraxe de animación en plastilina "O ladrón de bonecas", o xoves 14 ás 21:30 horas. A Concellaría de Cultura apoiou a realización deste filme, dirixido por Fernando Cortizo e producido por Matriuska Producións, que está ambientado en Santiago de Compostela.

Leer más
Compartir: